займ срочно

Ames obrigado a contratar dúas veces a mesma empresa para que a videoacta funcione

0

Ames, 12 de novembro do 2019 – Despois de pagar máis de 20.000 euros pola instalación dunha videoacta o concello de Ames vese obrigado a contratar a mesma empresa para poder obter o código fonte e ter todas as utilidades da aplicación.

O Partido Popular, que denuncia nun comunicado a situación, explica que en novembro do 2016 contratouse o servizo de videoacta por 21.417€. Aquela utilidade nunca chegou a implementarse xa que, ademais, non tiña validez xurídica según os populares. A nova contratación chega agora despois dun intento de licitaciónque quedou deserto xa que nin a empresa contratada no 2016 se presentara.

Según o PP o tratarse dun sistema integral, para que funcione correctamente e a pleno rendemento, é necesario implementar no aplicativo, unha serie de servizos dos que non se dispón, tal como un servizo de almacenamento nun servidor que permita a reprodución das Vídeo Actas con todas as súas funcionalidades, entre outros. Os populares indican que esta contratación coa empresa propietaria do código fonte ” provocará que o Concello de Ames estea atado a esta empresa permanentemente e de querer cambiar de sistema, volverá a ter que desembolsar unha boa cantidade de cartos”.

os populares amienses destacan ademais que as características técnicas que incorpora calquera sistema de Vídeo Acta deberá acreditar a súa integridade para impedir que sexa manipulado a fin de que o sistema poida ser considerada como Acta Oficial. O Grupo Municipal, Popular mediante unha pregunta dirixida ao Goberno socialista, puido constatar que a situación actual afectaba de algunha maneira ao sistema de autenticación legal establecida e a firma dixital correspondente, así como a súa situación de vulnerabilidade de cara a non permitir a manipulación das gravacións dende o comezo da mesma ata a súa firma mediante o certificado dixital de Secretaría.

Outras solucións

Na bisbarra é doado acceder a algúns dos plenos municipais que se celebran. Concellos como Santiago ou A Baña manteñen as actas habituais e retransmiten, ou publican, en Youtube as sesións. O propio concello de Ames ou o de Teo fan striming de audio cando se celebra un pleno.

A videoacta permite, en teoría,  ter o control absoluto da gravación e serviría como documento legal. Pola contra ten un custo maior xa que hai que dispoñer de mais espazo nos servidores e aplicacións que permitan a retransmisión ou descarga dos vídeos. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies