займ срочно

Ames asina con Balrial un convenio para prover a familias con alimentos frescos

0

O Banco de Alimentos Rías Altas proverá aos Servizos Sociais de hortalizas, froita e outros alimentos Búscase mellorar así o servizo prestado polo Banco de Alimentos Municipal, que atende na actualidade a máis de cen familias

ames-convenio-banco-de-alimentos-normal-17-noviembre-2016_rAmes, 17 de novembro do 2016.- Este martes, nas oficinas dos Servizos Sociais no Milladoiro, asinouse o convenio de colaboración do Concello de Ames co Banco de Alimentos Rías Altas (Balrial). Ao acto asistiron o alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, o presidente do banco de alimento, Luís Camba, e a responsable do centro de distribución da Asociación en Santiago de Compostela, Monstserrat Posse. A partir de decembro porase en marcha esta colaboración.

O Banco Municipal de Alimentos de Ames abastece de alimentos básicos a case cen familias no concello que atravesan dificultades económicas. “Até agora nutríase dos alimentos que viñan da Unión Europea a través da Cruz Vermella”, expón Luísa Feijóo. “A gran mellora, que é o que máis nos satisfai deste convenio, é a posibilidade de repartir entre os nosos usuarios e usuarias froitas e verduras frescas”, engade a concelleira.

Até esta data o banco municipal entregaba “leite, arroz, legumes ou pastas”. Coa firma deste acordo con Balrial a variedade de alimentos dispoñibles para as familias “será moito maior”. E non só iso senón que, como explica o presidente deste banco de alimentos, “Balrial dispón ademais de produtos para bebés, como biberóns ou cueiros, e doutros produtos hixiénicos”.

“Imos comezar dunha forma escalonada”, explica Luísa Feijóo, “as froitas e hortalizas chegan cada 15 días e queremos repartilas o mesmo día que as recibamos”. “Vai ser un esforzo moi grande”, admite a concelleira, “porque no mesmo día recolleremos os produtos e os entregaremos”. En un principio serán 23   familias (92 persoas) beneficiadas desta colaboración, dentro de todas as que reciben xa axudas do Banco Municipal de Alimentos. Dende os Servizos Sociais poranse en contacto coas familias beneficiarias, poranlles un día e unha hora para a entrega e contando coa axuda e colaboración de persoas voluntarias entregaranse os paquetes.

O Banco de Alimentos Rías Altas, Balrial, nace en febreiro de 2010 da colaboración dun grupo de voluntarios e voluntarias de A Coruña e Santiago de Compostela, e pertencen a Federación Española de Bancos de Alimentos ( FESBAL). Durante os días 25 e 26 de novembro Balrial realizará unha Gran Recollida de Alimentos en distintos puntos de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies