Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Dodro
  • Xeral

Teatro, poesía e fotografía histórica nas Letras Galegas de Dodro

– O concello de Dodro ven de presentar a programación vinculada ao Día Das Letras Galegas que inclúe actividades de todo tipo.
Dodro-letras-galegas-slide-6-maio-2024_r

Bisbarra, 6 de maio do 2024 – O concello de Dodro ven de presentar a programación vinculada ao Día Das Letras Galegas que inclúe actividades de todo tipo.

Unha programación pensada, explican desde o concello de Dodro, para fomentar o uso do galego e chegar a un público familiar. Unha serie de actividades que se desenvolveran en distintas xornadas ata finais de mes.

A celebración das Letras Galegas comezará en Dodro o xoves 16 cun contacontos a cargo de Iolanda Eiras. “Fogar de cores” ten como obxectivo fomentar o uso do galego e visibilizar os distintos tipos de familia que hai na sociedade actual. Esta actividade celebrarase ás 17.30 horas, na Casa da Cultura.

O venres 17, Día Das Letras Galegas, ás 17.30 horas no o CPI de Dodro, o gañador do XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Manuel López Rodríguez, presentará a obra vencedora “As palabras do sur”. Estará acompañado por un representante da editorial Chan da Polvora, encargada do deseño e impresión do poemario, ademais de representantes municipais, familiares e veciños.

O martes 21 de maio inaugurarase a exposición fotográfica “Escenas da memoria de Dodro”. Esta mostra reúne imaxes antigas da vida comunitaria do municipio e estará accesible ao público de luns a venres, entre ás 9.00 e as 14.00 horas na Casa do Concello.

A programación das Letras Galegas rematará o venres 24, ás 17.30 h na Casa da Cultura, coa representación da obra “Isaura e Tristán. Contastorias” de Inacio Vilariño de Fantoches Baj. Trátase dunha peza teatral de monicreques para público familiar baseado no traballo de Luísa Villalta “As chaves do tempo”. Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada en este 2024.

Post navigation

Previous: O xuño lúdico abre unha nova fronte entre as ANPAS e o concello de Ames
Next: Chegan as Festas da Ascensión

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.