займ срочно

Alejandro Fernández gaña a pedestre de Santiago tras ser segundo en catro ocasións

0

Compostela, 29 de outubro do 2018 – A Carreira Pedestre de Compostela que organiza El Correo Gallego foi un ano máis unha festa e sobre todo para Alejandro Fernández que tras quedar as portas da vitoria en catro ocasións por fin subiu ao caixón máis alto.

O ourensán Alejandro Fernández gañou a 41 edición da Carreira Pedestre Popular de Santiago cun tempo na meta da praza  do Obradoiro de 37 minutos e 29 segundos e impoñéndose a Manuel Furtado e Iván  Roade. Fernández foi segundo ata en catro ocasiones nesta proba, pero nunca fora vencedor. En categoría feminina venceu a venezolana  Joselyn Brea, que xa fora a mellor nas tres edicións anteriores, e que con este triunfo convértese na única muller na historia da carreira santiaguesa con catro triunfos.

Alejandro Fernández

A carreira foi un pouco estraña xa que os dous últimos campións da proba, o arzuán Lolo Penas, gañador en 2012, 2013, 2014 e 2015, e o portugués afincado en Sigüeiro Nuno Costa, que gañou en 2016 e 2017, retiráronse da proba á altura do campus universitario. A carreira definiuse na famosa costa de Vite onde se formou o grupo de cabeza, no que se atopaban os tres primeiros da clasificación. O ataque final deuno Fernández no casco monumental a menos dun quilómetro da chegada, concretamente na  rúa  do Preguntoiro, cun impresionante cambio de ritmo que lle permitiu chegar a meta en solitario e sacarse así a pequena espiña cravada que tiña coa carreira compostelá despois de ser segundo catro veces.

Na categoría de mulleres, revalidou título a venezolana afincada en Pontevedra  Joselyn Brea, que logrou o seu cuarto triunfo consecutivo na carreira que organiza o Grupo Correo Galego desde que en 1978 decidise creala para conmemorar o centenario do rotativo. Sen  empbargo, nesta ocasión non o fixo coa solvencia doutras veces xa que unha combativa  Ester Navarrete púxollo moi  difícil e chegou a só tres segundos da gañadora. O podio feminino completouno Alice  Finot.

O público acompañou e animou aos atletas durante todo o percorrido nunha xornada fría, con temperaturas roldando sempre os dez graos, aínda que a choiva respectou a carreira e mesmo luciu o sol.

  HOMBRES  
1 Alejandro Fernández Rivera 37:29:00
2 Manuel Hurtado Sanjurjo 37:36:00
3 Iván Roade Lago 37:42:00
4 Paulo Barbosa 37:56:00
5 David Santos Domínguez 38:03:00
6 Esteban Iglesia Vila 38:11:00
7 Alejo Ares Prada 38:12:00
8 Rubén Díaz Díaz 38:21:00
     
  MUJERES  
1 Joselyn Daniely Brea Abreu 42:34:00
2 Ester Navarrete Santana 42:37:00
3 Alice Finot 43:05:00
4 Clarisse Maria Pinho Cruz 43:57:00
5 María Jesús Gestido Rodríguez 44:47:00
6 Sandra Mosquera Losada 45:03:00
7 Rocío Alvite Ferreiro 45:29:00
8 Paula González Blanco 45:57:00

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies