Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Padrón
  • Xeral

Alcaldes: Anxo Arca, Padrón

Seguimos falando cos novos rexedores e rexedoras dos concellos tras as eleccións do pasado mes de maio. Chegamos a Padrón para falar con Anxo Arca
Anxo-Arca-alcalde-de-Padron-slide-5-outubro-2023_7412_r

Seguimos falando cos novos rexedores e rexedoras dos concellos tras as eleccións do pasado mes de maio. Chegamos a Padrón para falar con Anxo Arca, o municipio foi unha das sorpresas dos comicios, en especial fora do termo municipal xa que en clave local moitos vían chegar o cambio.

O socialista Anxo Arca quedouse a un concelleiro da maioría absoluta. O entendemento con Beatriz Rei, do BNG, é bo pese a negativa da nacionalista a entrar no goberno polo momento. O Partido Popular pasa á oposición sen unha idea clara de que facer é cun ex alcalde, Antonio Angueira, ausente mesmo en actos tan importantes como o Día de Padrón en Santiago e en Rianxo.

A entrevista chega cando se están cumprindo os cen primeiros días de goberno nos concellos. Anxo Arca fai unha valoración positiva de este período pero recoñece que con moito traballo porque as cousas estaban por facer.

Como dixemos xa, o Partido Popular está ausente desde a mesma noite das eleccións. O traspaso de poderes foi practicamente inexistente. Só un concelleiro prestou algo de colaboración.

A nula lealdade institucional viuse na celebración do Día de Padrón en Santiago, dentro das festas do Apóstolo. A ausencia de practicamente todo o grupo de goberno anterior foi algo moi comentado e que se repetiu non moito tempo despois en Rianxo.

Como sucede en algún concello máis, a situación económica de Padrón é un paradoxo. Multitude de investimentos, algúns urxentes, pendentes de facer é un remanente de tesourería de máis de catro millóns de euros. Anxo Arca di que é algo que non se explica aínda que adxectivos como deixamento ou desidia encaixan bastante ben.

Pensando xa nos seguintes orzamentos, Arca ten unha teima co salario dos traballadores. Foi un tema que motivou non poucas protestas dos sindicatos no pasado mandato. Deronse mesmo situacións absurdas como que un funcionario tivera recoñecida a antigüidade, comezásese a pagar para ao pouco tempo retirarlle o incremento. O alcalde non entende tampouco que tendo unha relación de postos de traballo aprobada non se aplicara.

Rematamos a conversa preguntado polas prioridades. O máis inmediato ten que ver cos equipamentos en educación, servizos moi necesarios nun cursos que acaba de comezar.

Anxo Arca mostra nas súas respostas unha determinación que é de agradecer. Fronte a prudencia, necesaria e comprensible, agradécese atopar respostas claras sobre o que se quere facer e en que orde.

O novo alcalde é consciente de que algúns, mesmo dentro do partido, non apostaban por el. Agora traballa arreo para facer as cousas ben e devolver a capital do Sar a un protagonismo que nos últimos anos quedou moi diminuído. Anxo Arca, con esta actitude, pode converterse nun referente dos novos alcaldes da bisbarra.

Post navigation

Previous: Frades píde o traslado da doutora de Abellá farto das súas ausencias e actitude  
Next: Confírmase a anulación da sentenza da gasolineira de Brandía

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.