займ срочно

Afundación celebra o Día da Ilustración

0

Compostela, 30 de xaneiro do 2019 – Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá na súa sede de Santiago de Compostela (Vilar, 19), con motivo da celebración do Día da Ilustración, unha completa programación de actividades que se desenvolverá hoxe mércores 30 de xaneiro con entrada libre e gratuíta.

O Día da Ilustración comeza ás 12.00 h cunha inauguración especial dun espazo temporal dedicado a Federico Ribas, incluída na Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC), na que se explica a traxectoria artística do autor e que tamén incorpora unha peza orixinal do artista pertencente á Colección de Arte Afundación. O proxecto expositivo complétase cun mural realizado in situ pola ilustradora Bea Lema.

Pola tarde, ás 19.00 h, o ilustrador e estudoso Siro López ofrecerá a charla «Federico Ribas Montenegro» sobre a figura do homenaxeado. Posteriormente, ás 20.00 h, terá lugar a mesa redonda «O oficio de ilustrar: o que está por vir» cos autores Anabel Colazo, Andrés Magán e Carlos Arrojo, con Bea Lema como moderadora. 

O Día da Ilustración celébrase en Galicia cada 30 de xaneiro desde 2014, coincidindo co nacemento de Castelao, co obxectivo de reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural. Neste ano, o ilustrador galego homenaxeado será o vigués Federico Ribas. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) que tamén conta este ano coa colaboración de Afundación, a Obra Social de ABANCA.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies