Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba

A Xunta recupera o conxunto etnográfico da illa, en Santa Comba

20181204TurismoSantaComba03-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Santa Comba, 5 de decembro do 2018 – A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o resultado dos traballos de acondicionamento realizados no conxunto etnográfico da Illa, no municipio coruñés de Santa Comba, onde se veñen de rehabilitar tres muíños así como as sendas naturais para facilitar o acceso a este recurso de especial interese para o turismo de natureza e tamén cultural.
    • Conservación dos recursos

Santa Comba, 5 de decembro do 2018 – A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o resultado dos traballos de acondicionamento realizados no conxunto etnográfico da Illa, no municipio coruñés de Santa Comba, onde se veñen de rehabilitar tres muíños así como as sendas naturais para facilitar o acceso a este recurso de especial interese para o turismo de natureza e tamén cultural.

Os traballos na Illa de Santa Comba forman parte dun dos proxectos beneficiarios das axudas que anualmente outorga a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia de Turismo de Galicia, para colaborar cos concellos na mellora da accesibilidade turística dos seus recursos. Unha liña de axudas da que este ano se beneficiaron máis de 160 entidades locais.

As accións levadas a cabo en Santa Comba, que contaron cun investimento de máis de 33.000 euros, incluíron a rehabilitación dos tres muíños existentes nesta área, así como a limpeza da maleza, a dotación de mobiliario urbano e a sinalización turística con información sobre flora e fauna deste espazo natural.

Conservación dos recursos

Durante a visita, Nava Castro remarcou estes traballos que posibilitan o uso recreativo deste conxunto etnográfico e natural, á vez que demostran que a actividade turística contribúe a conservar e manter os recursos patrimoniais de Galicia, especialmente importante tamén neste final de 2018, no que se está a celebrar o Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

A posta en valor desta zona natural do interior da provincia de A Coruña enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia por traballar de xeito coordinado cos concellos galegos axudándolles a poñer en valor os seus recursos. Deste xeito, contribúese a  reducir a estacionalidade, a atraer visitantes que xeren sustentabilidade económica e ambiental e tamén a redistribuír os fluxos turísticos. Coa recuperación do conxunto etnográfico turístico e natural da Illa, na parroquia de Freixedo, Santa Comba suma así un novo atractivo turístico á súa oferta como un dos lugares incluídos no xeodestino Terras de Santiago. 

Post navigation

Previous: As Brañas do Sar en Compostela ten nova sinalización
Next: Lousame recibe a documentación histórica do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia

Máis novas

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

Vista desde o Monte San Bartolomeu en Santa Comba
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba abre as inscricións para o eclipse solar e as Perseidas

Santa Comba presenta a programación de Sol a Sol
3 minutes read
  • Xeral

De sol a sol en Santa Comba

Alcalde e Presidente da Deputación asinan o convenio para o Xallas
2 minutes read
  • Xeral

Posta en valor das cabeceiras do río Xallas

Casa consistorial de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Reclaman o pago dos atrasos ao persoal municipal de Santa Comba

Casa consistorial de Santa Comba
2 minutes read
  • Santa Comba

Santa Comba licita a construción do futuro Centro de Día

santa comba xornada astronomica 4 marzo 2026
3 minutes read
  • Axenda

Santa Comba traballa nunha xornada astronómica no monte San Bartolomeu

BNG SANTA CO,MBA DENUNCIAS CENTRO SAUDE 16 FEBREIRO 2026
2 minutes read
  • Santa Comba

Denuncian o mal estado do Centro de Saúde de Santa Comba

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.