займ срочно

A USC ofertará 44 graos e 9 dobres graos

0

Compostela, 19 de xunho do 2019 –  A USC ofertará o vindeiro curso académico 2019 – 2020 un total de 44 graos, dez dobres graos e 66 másteres, nos seus campus de Santiago e Lugo.

O reitor Antonio López e a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero Espinar, deron conta en rolda de prensa dos principais indicadores da oferta docente da USC para o vindeiro curso. Entre as novidades, a institución docente incorpora graos como o de Robótica, a impartir en Lugo, e mestrados en Química na Fronteira entre a Bioloxía e a Ciencia de Materiais; Psicoloxía; e Enxeñaría de Procesado de Alimentos

En primeiro curso a USC ofertará 4.458 prazas, repartidas entre os 44 graos e nove dobres graos, tanto en Santiago como en Lugo. A institución compostelá inclúe titulacións nas cinco grandes áreas de coñecemento: nove en Artes e Humanidades, oito en Enxeñaría e Arquitectura, catorce en Ciencias Sociais e Xurídicas, oito en Ciencias da Saúde e outras cinco no ámbito das Ciencias. Igualmente oferta catro dobres graos en Ciencias, dous en Ciencias Sociais e Xurídicas, dous en Enxeñaría e Arquitectura e un en Ciencias da Saúde. Ademais da incorporación de Robótica, o grao de Xeografía e Ordenación do Territorio presenta unha nova edición reformulada e actualizada.

Completando o catálogo formativo, a Universidade compostelá suma un total de 66 másteres oficiais: 12 correspondentes á área de Artes e Humanidades, e outros tantos ás de Ciencias e Ciencias da Saúde, ademais de 20 en Ciencias Sociais e Xurídicas e outros dez en Enxeñaría e Arquitectura. En total, a USC ofertará 1.849 prazas nestes mestrados, dos que 26 son de carácter interuniversitario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies