займ срочно

A Deputación aproba a construción dunha senda en Marzoa, Oroso

0

Oroso, 2 de agosto do 2021 – O Pleno da Deputación da Coruña aprobou de xeito definitivo o proxecto de construción dunha senda na parroquia de Marzoa.

O investimento supera os douscentos mil euros. A senda de Marzoa sitúase na estrada provincial DP-3802 e mellorará a seguridade viaria en esta zona de Oroso. Chegará ata o límite co Concello de Frades e pasará por diante do local social, polo que é unha zona moi transitada polos veciños.

A senda terá un kilómetro de percorrido. Contará cunha anchura de 1,8 metros e discorrerá pola plataforma existente, inicialmente pola marxe dereita no núcleo de Carballal, para logo cambiar de marxe á altura do local social de Marzoa, onde se conectará co camiño existente para peóns.

A infraestrutura, unha vella demanda veciñal, sufriu un retraso pola última concentración parcelaria na zona pola que discorrerá a senda, o que obrigou a reformular o proxecto. En palabras do alcalde de Oroso, Luís Rey, “Estamos moi satisfeitos, é unha senda moi importante para Marzoa e para o día a día dos seus veciños”.

Durante a execución das obras, co fin de preservar a seguridade viaria, executaranse as tarefas primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra, de modo que en todo momento se manterá en servizo un carril para o tráfico rodado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies