займ срочно

O goberno da Baña seguirá sen soldos

0

A Baña, 26 de setembro do 2019 – Tal e como informa o xornal Adiante Galicia o goberno socialista da Baña non conseguiu aprobar os soldos polos votos en contra do Partido Popular e Compromiso x Galicia.

A renuncia do concelleiro Popular Manuel Tourís parecía abrir unha porta para alcalde José Antonio Pereira. Ao situar a renuncia ao comezo da sesión (na mesma orde que se fai cando hai tomas de posesión) permitía que, si Compromiso mantiña a abstención, decidira o voto de calidade do alcalde.

goberno da baña segue sen soldos

Imaxe de arquivo nun pleno da Baña

Esta argucia non serviu de nada xa que Compromiso decidiu cambiar o voto e pasar da abstención ó voto en contra. O portavoz, Cesar Ramos, anunciou que mentres non se incorpore o novo concelleiro popular manterán o voto contrario.

En negro contra a violencia

O paradoxo é que Compromiso e Psoe parecen entenderse cando se trata de tomar decisións de outra índole. Pasou nos anteriores plenos e sucedeu neste coa moción de CxG que solicitaba a incorporación do concello a campaña Concellos en Negro contra a Violencia. Unha demanda antiga xa que se pedira no 2017 co goberno do PP, en aquel momento foi rexeitada e agora aprobouse.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies