займ срочно

Ordes estrea o documental ‘Isabel Zendal, la enfermera que cambió el rumbo del mundo’

0

Ordes, 3 de decembro do 2016. O Concello de Ordes celebrou un acto centrado na figura e na xesta histórica levada a cabo pola recentemente nomeada veciña ilustre Isabel Zendal Gómez. Entre outros contouse coas participacións de Miguel Ángel Santalices Vieira, Presidente do Parlamento de Galicia; José Luis Martínez Sanjurjo, Alcalde de Ordes; Carmen García Rivas, secretaria autonómica do Sindicato de Enfermería, SATSE (Galicia); Pilar Farjas, presidenta da Asociación Isabel Zendal, (exconselleira de Sanidade); Yolanda Núñez Gelado, directora da revista Enfermería en Desarrollo e Antonio López Mariño, xornalista.

Miguel Ángel Santalices Vieira, participa na xornada organizada polo Concello de Ordes con motivo da presentación do documental Isabel Zendal.

Algúns dos participantes na estrea

Ademais dos relatores tamén se contou coa asistencia do subdirector de Saúde Pública, Xurxo Hervada; coa do decano da facultade de Medicina de Santiago; así como os principais representantes da corporación local e membros da Mancomunidade de Ordes, encabezados polo seu presidente, Roberto Iglesias.

O momento central do encontro foi a estrea do documental Isabel Zendal, a enfermeira que cambiou o rumbo do mundo, realizado por Enfermería TV e o Sindicato Médico SATSE. Un traballo que conta cos testemuños de autores, investigadores e profesionais do ámbito sanitario os cales poñen de relevo o gran legado e as consecuencias beneficiosas que para toda a saúde da humanidade aportou esta muller, natural da parroquia de Parada (Ordes).

Neste día tamén se fixo especial mención por parte do alcalde de Ordes ao Premio Especial Enfermería en Desarrollo que a coñecida publicación temática do eido da enfermería vén de concederlle recentemente a Isabel Zendal. Uns galardóns considerados como unha das maiores referencias a nivel nacional no ámbito da enfermería. No seu turno de palabra o rexedor agradeceu a presenza de todas e todos os convidados, que encheron a casa da cultura. Tamén fixo alusión á importancia de impartir unha unidade didáctica sobre Isabel Zendal nos centros académicos. Algo que se compaxina e coincide coa intención da asociación Isabel Zendal de realizar unha publicación dirixida ao colectivo estudiantil co fin de  difundir o seu legado.

Pola súa banda o presidente do Parlamento de Galicia destacou, dende unha perspectiva médida, da importancia de Isabel Zendal para a erradicación da varíola por todo o mundo.

Isabel Zendal está cosiderada pola OMS como a primeira enfermeira da historia en participar nunha campaña mundial de vacinación internacional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies