займ срочно

A Xunta mellorará a ponte de Brates en Frades

0

Bisbarra, 31 de agosto do 2023 – O alcalde de Frades, Roberto rey, reuniuse coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, para tratar distintas melloras no concello.

Rey Martínez valora especialmente “o compromiso da Xunta para executar as melloras na ponte de Brates, entre Frades e Boimorto, e a posibilidade de conceder unha axuda para a construción dunha nova ponte sobre o río Samo”. Esta última ponte substituiría á actual Ponte da Maquía de Vilamaior, entre os municipios de Ordes e Frades.

Dúas necesidades que o alcalde xa lle adiantara a Inés Santé o pasado 9 de agosto, nunha reunión mantida co conselleiro do Medio Rural. Daquela, o departamento da Xunta comprometérase a avaliar o estado destas dúas pontes.

En este encontro, a directora xeral confirmou a colaboración na execución das melloras na ponte de Brates e informou ao a alcalde das diferentes liñas de axudas ás que acollerse para financiar a nova ponte sobre o río Samo.

“A maiores solicitamos a cesión ao Concello de varias parcelas do Banco de Terras, que están como dispoñibles para aluguer, e que queremos destinar a fins recreativos, medioambientais e sociais”, conclúe o alcalde de Frades.

Share.

Comments are closed.