займ срочно

Melide alegará contra a Lei de Mobilidade Sostible

0

Melide, 18 de abril do 2022 – O concello de melide presentará alegacións contra a nova Lei de Mobilidade Sostible parea evitar a perda de paradas no transporte público.

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, enviou unha misiva á ministra de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana onde expón o prexuízo que a nova norma de mobilidade supón a consecuencia da reforma das concesións de transporte que eliminará varias paradas.

Mobilidade sen paradas

A eliminación de paradas será moi negativa nos municipios rurais e especialmente no caso de Melide, por ser a liña Santiago de Compostela-Lugo moi empregada pola veciñanza para levar a cabo todo tipo de trámites ou acudir a consultas médicas de especialistas.

José Manuel Pérez lembra que se trata dunha liña “de uso diario” por parte da veciñanza e tamén moi solicitada polo feito de confluíren en Melide dúas rutas do Camiño de Santiago (Francés e Primitivo).

As alegacións presentadas polo Concello de Melide reiteran e expanden estes argumentos para solicitar a modificación dun Anteproxecto que deixa sen un importante servizo a vila e os municipios próximos.

O documento remitido ao Ministerio lembra que Melide é unha entidade territorial que conta con 26 parroquias e unha poboación de aproximadamente 7.500 persoas, estratexicamente situada no corazón de Galicia entre Santiago e Lugo. Esta situación e proximidade xeográfica á capital autonómica e á da provincia veciña  fai que a liña de transporte sexa moi utilizada tanto por estudantes de ciclos formativos ou universitarios como por veciños que precisan desprazarse a unha destas cidades.

Do mesmo modo, nas súas alegacións o Concello lembra que nos picos da afluencia de peregrinos no Camiño Francés e no Camiño Primitivo a demanda de liñas públicas de autobús medra de forma moi notable.

No documento remitido ao Ministerio, o Concello de Melide sinala que boa parte do territorio español corresponde con áreas rurais, sen que o Anteproxecto teña en conta un apartado específico sobre mobilidade rural. “Debería exisitir maior preocupación por representar na normativa a realidade específica dunha parte moi importante da poboación española e da amplísima maioría do territorio xeográfico do Estado”, salienta o alcalde.  

Share.

Comments are closed.