займ срочно

Piden que o carril bici entre Compostela e Milladoiro siga a Bertamiráns

0

Ames, 22 de marzo do 2022 – Segue o debate sobre as sendas peonís e carrís bici e o PP de Ames pide que desde o Milladoiro siga a Bertamiráns.

Os populares amienses lembran que en febreiro o seu partido presentou unha iniciativa parlamentaria pedindo que a Xunta priorizara o carril bici entre Compostela e Milladoiro. Agora lembran que o plan de mobilidade de Ames contempla un carril entre Milladoiro e Bertamiráns e piden que se execute.

Distintas visións un mesmo propósito

O Partido Popular é crítico coa proposta presentada por Ames e Compostela. Din que non ten sentido “o alcalde de Ames participe na presentación dun carril bici que só discorre por terreos de Comostela morrendo no límite do concello”.

Engaden que sucede o mesmo co autobús de Ortoño, Bugallido y Biduído, desde decembro do 2020 chega ao límite do concello de Santiago e volve.

Explican que a proposta da Xunta de Galicia ten un carácter metropolitano mentres que a de Santiago “non avanzaría nin un metro dentro do término municipal de Ames”.Os Populares din tamén que as declaracións do alcalde de Santiago de que a Xunta podería facerse cargo do financiamento indican que será a proposta autonómica que finalmente levarase a cabo.

Carril bici ata Bertamiráns

En este punto é onde o Partido Popular de Ames pide accións por parte do goberno local. Lembran que o Plan de Mobilidade Urbana Sostible do concello contempla catro itinerarios e un deles está previsto que una Milladoiro e Bertamiráns. Por esta razón piden que se colabora coa Xunta de xeito que o carril bici desde Compostela teña continuidade no local.

Para os populares sería un xeito de que os principais núcleos do concello quedaran conectados. Aseguran que en xeral hai o espazo necesario e alternativas nos lugares onde o ancho non é suficiente. Serían máis de seis kilómetros que se unirían ao que chegara desde Compostela.

Share.

Comments are closed.