займ срочно

O campus tecnolóxico de Cortizo en Padrón avaliado pola Xunta

0

Padrón, 23 de febreiro do 2022 – A Xunta de Galicia ven de aprobar de xeito definitivo o proxecto de campus tecnolóxico da empresa Cortizo.

O proxecto sectorial ten carácter supramunicipal e declárase de utilidade pública. Cando sexa aprobado o proxecto de urbanización o Campus de Cortizo terá un prazo de execución de dous anos.

400 postos de traballo

O campus tecnolóxico de Cortizo situarase nunha parcela entre os concellos de Rois e Padrón. Trátase dunha das oito iniciativas empresariais prioritarias declaradas pola Xunta. Supón un investimento de 40M€ e a creación de 400 postos de traballo.

Cortizo á cabeza do deseño en aluminio

O Campus tecnolóxico de Cortizo será un centro punteiro no deseño de sistemas de aluminio e PVC. A construción constará de tres edificios centrados na investigación.

Con esta actuación, Cortizo ampliará en máis dun 30% as instalacións que a empresa ten localizadas nun polígono próximo. O obxectivo principal é adquirir  novos coñecementos que permitan seguir crecendo no ámbito internacional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies