займ срочно

Unha pista de “pump track” novo equipamento para Bertamiráns

0

Ames, 1 de febreiro do 2022 – O concello de Ames ven de rematar as obras dunha pista de “pump track” situada na rúa do Pedregal de Bertamiráns.

A Concellaría de Deportes adxudicou a construción de esta pista de “pump track” a finais do pasado mes de setembro, cun investimento de 48.077,03 euros. O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e o encargado da brigada de Obras, Juan Calvo, visitaron as instalacións na mañá deste luns.

Un “pump track” (literalmente, “pista con bombeo” en inglés) é polo xeral un espazo de dimensións variables en forma de circuíto, con múltiples saltos e peraltes. Grazas á inercia xerada e á propia habilidade das persoas usuarias, o deseño da pista permite realizar o percorrido sen practicamente dar pedais ou impulsos nas bicicletas, patíns ou monopatíns.

A construción das instalacións consistiu na roza, limpeza e movemento de terras do solar orixinal, para despois realizar e instalar a pavimentación, o saneamento, o alumeado e a restauración ambiental do espazo.

A concelleira de deportes, Susana Señorís, explicou que “Deseñamos o espazo pensando na súa polivalencia, apostando polo ciclismo e os deportes de inercia. Buscamos cubrir os gustos e afeccións da maior cantidade de usuarios e usuarias, tanto nenos como adultos, e que as instalacións se adapten ao nivel de destreza de cada un”.

Neste senso, a disposición do circuíto busca precisamente dar resposta a todos os tipos de usuarios e usuarias, tanto a niveis de dificultade como ás diferentes disciplinas. O trazado non ten obstáculos de alturas significativas, o percorrido é de sentido único e conta con sinalizacións pintadas que precisan a dirección de uso. Uns 103 metros de traxecto no que tanto expertos coma principiantes poidan gozar das súas bicicletas, monopatíns, patíns e patinetes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies