Vedra, 30 de setembro do 2021 – O concello de Vedra ofrece esta tarde unha charla sobre “A importancia do labor asociativo. Reactivando experiencias para a transformación do territorio”.
A cita será as oito e media da tarde, na nave de usos múltiples da estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla. Trátase dunha charla aberta a todas as persoas pertencentes a unha asociación ou con interese nesta temática.
A intencionalidade desta conversa é a de crear un espazo de diálogo e de posta en común dos moitos colectivos asociativos vedreses que sen dúbida voltarán á normalidade con máis gañas e empuxe ca nunca.
Homenaxe aos traballadores da pandemia
Este venres 1 de outubro, tamén ás 20:30 h e outra vez na Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla, Vedra rende homenaxe
as persoas voluntarias, institucións, colectivos e empresas polo seu quefacer fronte á crise da Covid-19. un acto oficial de reconñecemento de esa labor tan importante.