займ срочно

Buscar o consenso para frear a pandemia

0

Compostela, 20 de xaneiro do 2021 – Unha investigación da USC determina que unha opinión pública polarizada agudiza a curva ascendente da pandemia pola COVID-19.

Científicos da USC deseñan unha metodoloxía que permite medir a través da análise da rede social Twitter, o estado da opinión pública e o seu grao de adhesión ás políticas para paliar a pandemia por mor do SARS-CoV-2

Os resultados de esta investigación indican que unha opinión pública moi polarizada, dividida, fai crecer a incidencia da pandemia. O artigo ‘Incorporating social opinion in the evolution of an epidemic spread’, asinado por Alejandro Carballosa, Mariamo Mussa‑Juane e Alberto P. Muñuzuri, analiza o estado da opinión pública en outubro de 2019 e abril de 2020, concluíndo que se a pandemia se desatase no primeiro período, o número de afectados sería moito maior ao tratarse dun intre de gran polarización da sociedade.

Os investigadores, da Facultade de Física da USC, deseñaron unha metodoloxía que permite medir cuantitativamente, a través da análise da rede social Twitter, o estado da opinión pública e o seu grao de adhesión ás políticas gobernamentais no marco da pandemia por mor da COVID-19.

“Neste artigo analízase o efecto da sociedade e a súa opinión na evolución dunha pandemia en base a modelos matemáticos alimentados con datos empíricos”, explica o profesor Alberto Pérez Muñuzuri. “Empregando técnicas novas somos capaces de facer unha radiografía da nosa sociedade en base a datos empíricos que nos permiten ver o grao de ‘conformismo’ dunha sociedade e a predisposición para seguir as indicacións gobernamentais”, continúa. A investigación desenvolve o estudo comparado entre a situación que vive España en outubro 2019, momento altamente crispado politicamente e de gran polarización, tal e como apuntan os investigadores; e marzo de 2020, en plena pandemia. O estudo permite observar a distribución de opinión nos dous escenarios e incorpora modelos epidemiolóxicos. A análise conclúe que o estado de opinión da sociedade e o grado de adhesión as políticas oficiais é determinante na evolución da pandemia e no número de  contaxios.

A análise da situación en outubro de 2019 amosa diferencias substanciais con respecto a abril de 2020. Así, os investigadores constataron que no segundo dos períodos analizados a sociedade amosábase máis receptiva á hora de aceptar as políticas gobernamentais. Pola contra, en outubro de 2019, a opinión pública defínese por un alto grao de polarización por mor da chamada a unhas segundas eleccións xerais ante a imposibilidade de acadar un clima de consenso por parte das forzas políticas. Os investigadores, en consecuencia, infiren que se a primeira onda da pandemia chegase nun clima de crispación social como o de 2019, a presión sobre o sistema de saúde sería maior e mesmo podería terse acadado unha meirande cota de mortalidade.

Perseguir o ben común

“Deste estudo pódense derivar conclusións para a situación actual da enfermidade onde vemos cada vez mais grupos de negacionistas e xente disposta a antepor os seus intereses particulares (festas, reunións familiares, intereses económicos, etc.) antes do ben común e que se traducen directamente nun empeoramento da pandemia”, destaca o físico Alberto Pérez Muñuzuri.

Deste xeito, os científicos evidencian que o estado da opinión pública ten unha incidencia directa na evolución da pandemia. O histograma de opinións traduciuse directamente nunha densidade de probabilidade de persoas que elixen seguir, ou non, as instrucións, modificando a súa potencial exposición ao virus. “O que propoñemos é monitorizar, case en tempo real, o estado de ánimo da sociedade”, afirman os investigadores. A investigación constata que o consenso parcial da rede social, malia non ser perfecto, impacta de xeito substancial na curva de infección, e que ese impacto é cuantitativamente máis forte en abril de 2020.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies