займ срочно

Preocupación na Casalonga pola posibilidade de que se reinicie a actividade na canteira

0

Teo, 9 de novembro do 2020 – Os veciños da Casalonga alertan de novos movementos da empresa Toysal na caneira e pola visita dunha enxeñeira de minas da Consellería.

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos explica nun comunicado que esta semana os terreos onde se situa a lagoa foron visitados por unha funcionaria da Consellería de Medio Ambiente. Esta visita de inspección tería que ser anual pero os veciños din que ” levan 20 anos sen facela, e aparecen agora”. A Inxeñeira de Minas estivo acompañada por traballadores da empresa Tragsa que traballa para a Consellería en tarefas de vixianza medio ambiental.

Responsables da Plataforma chegaron a falar coa enxeñeira no que cualifican comom unha “conversa tensa”. Algúns veciños explican que a funcionaria chegou a pedir a policía local que os identificara e  “deixou entrever que Medio Ambiente e Minas van da man. Estamos vendidos!”.

Nova lei

A Plataforma engade que en decembro está previsto aprobar no Parlamento galego unha Lei que simplifica os procedementos administrativos das empresas para iniciar a súa actividade. Coa nova normativa se reducen, ou se suprimen, os tramites para aprobar as Declaracións de Impactos Medioambientais o que beneficiaria a Toysal, obrigados a presentar un novo plan de restauración.

Ante este horizonte o colectivo veciñal denuncia que  “Como o anterior Plan de restauración onde o recheo dunha canteira íase facer con lixo non cumpría a legalidade o que fan agora é cambiar a Lei para que o novo plan si a cumpra. Para reactivar a economía din que reducen burocracia pero o que fan é desprotexer o medio ambiente e os dereitos da cidadanía”.

A Plataforma non descartan próximas mobilizacións aínda que saben que a situación de confinamento favorece á empresa e prexudica a capacidade de movemento da veciñanza.

Share.

Comments are closed.