займ срочно

A Baña consegue os cartos para pagar os atrasos dos traballadores

0

A Baña, 30 de outubro do 2020 – O concello da Baña aprobou en pleno a modificación orzamentaria necesaria para aboar aos traballadores os máis de trescentos mil euros que se lles deben.

Esta aprobación resolve o problema xerado no pleno do mes de maio no que, pese as recomendacións do secretario, a oposición decidiu dedicar a maioría do POS a obras no canto de usalo para gasto corrente e resolver o problema. o suplemento de crédito 1/2020 ten un importe de 351.903,01 euros e vai acompañado do crédito extraordinario 1/2020 de 6.649,87 euros para facer fronte aos intereses da débeda. PP e CxG votaron a favor co compromiso do equipo de goberno socialista de que no 2021 regularizase a situación dos traballadores que non reclamaron pola vía xudicial co fin de que non exista un agravio comparativo.

Orzamento retirado

O orzamento do concello para este ano foi retirado da orde do día a petición da oposición e coúnico voto favorable do PP, CxG abstívose e o Psoe, actual goberno, votou en contra.

O alcalde José Antonio Pereira, informou que o 10 de agosto se pasou o proxecto aos partidos da oposición e que o 7 de outubro a tesoureira explicou as partidas aos grupos políticos. Dixo que os anteriores orzamentos aprobados son de 2017, o que xera problemas con algunhas partidas de Servizos Sociais, porque non inclúen fondos suficientes para asumir os gastos necesarios este ano no servizo de axuda a domicilio.

CxG cualificou de falta de previsión e organización ao equipo de goberno por querer aprobar os presupostos en outubro. Dende o PP reclamaron traballar xa nas liñas xerais dos orzamentos de 2021 e dixo que este presuposto era irreal.

Gratuidade do Pai

Aprobouse tamén por unanimidade a ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo do Punto de Atención á Infancia. O portavoz do PP sinalou que levaban pedindo esta gratuidade dende abril e lamentou que non se puideran aproveitar antes desta rebaixa. O portavoz de CxG apoiou a medida para que todas as familias gocen da rebaixa que paga a Xunta. A concelleira de Educación sinalou que non se puido modificar antes porque, pese as peticións formuladas dende abril, ata o pasado 7 de agosto a Xunta non respondeu ao Concello para aclarar quen asumía esta gratuidade e como se tramitaba.

Outros puntos

O Convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Santiago de Compostela foi aprobado tamén por unanimidade dos tres grupos políticos, por entender que favorece á veciñanza.

A aprobación provisional do “Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello da Baña tamén foi aprobado por unanimidade.

Tras dar coñecemento das resolucións da alcaldía e dos reparos de legalidade da secretaría-intervención, deuse conta da liquidación orzamentaria do exercicio 2019, que foi positiva.

A moción de CxG sobre neutralidade, transparencia e participacións nas comunicacións municipais foi aprobada cos votos a favor de PP (5) e CxG (2), e en contra do PSdeG (4).

A moción presentada polo PSdeG para conxelar a taxa do lixo en 2021 foi aprobada por unanimidade.

A moción do PP para instar ao Goberno central a que aprobe unha lei en defensa da propiedade privada e en contra da ocupación, foi aprobada por unanimidade.

Share.

Comments are closed.