займ срочно

O libro é o protagonista en Compostela coa SELIC

0

Compostela, 10 de outubro do 2020 – Ata o próximo día 18 o libro será o protagonista en Compostela coa SELIC, a Semana do Libro na cidade.

A concelleira Mercedes Rosón foi a responsable de presentar a Semana do Libro de Compostela. Serán 45 actividades que van desde roteiros ou coloquios ata conversas, mesas redondas, dúas exposicións e dous espazos de mostra con 16 librerías e editoras. A SELIC ten como obxectivo visibilizar e dar a coñecer o potencial editorial e literario da cidade.

O libro é o protagonista en Compostela coa SELICMercedes Rosón definiu a SELIC como unha publicación aberta, con distintos capítulos, “que nos convidan a coñecer, amar, respectar e utilizar os libros como unha fonte de coñecemento e de emocións. Unha gran aventura literaria”. A primeira cita hoxe sábado encaixa a perfección en esa definición xa que o roteiro “compoesceas” será un paseo dramático polos escenarios teatrais de Compostela, con Roi Vidal como guía.

 Acompañando a Mercedes Rosón estaban Lola Puertas, da Libraría Aenea, o editor Henrique Alvarellos; e o técnico de cultura, Xesús Amado. Lola Puertas destacou que durante esta pandemia, o libro revelouse “como un lugar de encontro”, e recoñeceu que, na súa libraría, notou un incremento nas vendas. Para Henrique Alvarellos, “a lectura foi un salvavidas nos peores momentos da COVID-19”. Uns momentos difíciles, sinalou, “aos que tivo que adaptarse a Semana do Libro de Compostela”. Destacou o número de expositores, dezaseis, e indicou que para os editores é importante cohabitar coas librarías”. Xesús Amado agradeceu, tanto ao sector das librarías como as editoras, as propostas realizadas, sen as cales, recoñeceu, sería máis difícil artellar o programa da SELIC.

En total, durante a SELIC, están programados doce roteiros, que lembrarán a Compostela de autores como Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Carvalho Calero, Antón Fraguas, as Irmandades da Fala ou Isaac Díaz Pardo. Tamén haberá un espazo para a Compostela conspiradora a republicana, a Compostela vermella ou a xeolitearia; e para o feminismo ou a botánica. As prazas son limitadas, e compre inscribirse no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal.

Os autores tamén contarán cun espazo propio con conversas, con presentacións, e con sinaturas de libros. Ledicia Costas asinará, “Os minimortos: benvido ao outro barrio”; Xosé Carlos Carracedo Porto “Somos de Arxerís”; e María Eiras “As nosas letras de muller a muller”. Presentaranse, entre outras obras, “Federico García Lorca en Santiago de Compostela”, de Alvarellos Editora, “O paraíso dos inocentes” de Antón Riveiro Coello, ou “Árbores no deserto”, de Rosalía Fernández Rial.

O programa completarase con actividades infantís, obradoiros creativos, performance, mesas redondas, conversas literarias e as exposicións “As nosas letras de Muller a Muller”, de María Eiras, que se poderá ver na libraría Aenea; e “Edito e Mando”,de María Meijide”, exposta no comedor de Fonseca.

Precisamente o comedor de Fonseca será un dos espazos nos que se instalarán os expositores de librarías e editoriais, xunto coa sede de Afundación, na Rúa do Vilar. Outros escenarios que acollerán esta cuarta edición da SELIC serán a Fundación Torrente Ballester, o Hotel Compostela, a Fundación Eugenio Granell, ou a lavandaría da Rúa Hortas.

Mercedes Rosón rematou a súa intervención convidando á cidadanía a participar na Semana do Libro de Compostela, a coñecer, dixo “toda esta riqueza editorial e literaria que temos en Santiago, e a “escribir o epílogo desta cuarta edición de SELIC”.

Toda a programación da SELIC está na web da semana

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies