займ срочно

Xeoloxía no Pico Sacro

0

Boqueixón, 17 de xullo do 2020 – O Pico Sacro acollerá todos os domingos do verán un programa de visitas guiadas xeolóxicas. Promovido pola empresa Geotur Galicia en colaboración co Concello de Boqueixón, dará comezo o vindeiro 26 de xullo ás 11.00 horas.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, valorou moi positivamente a posta en marcha desta iniciativa, xa que “o Pico Sacro é un enclave moi singular, que destaca a moi diferentes niveis -histórico, cultural, mitolóxico, arqueolóxico…- e, neste caso, os percorridos centraranse en salientar a súa importancia dende o punto de vista xeolóxico. Conta, entre outros detalles, coas únicas covas de cuarzo natural estudadas no mundo”, conclúe o rexedor, quen anima á veciñanza a participar neste programa.

Xeoloxía no Pico SacroDende a empresa organizadora salientan que “a través do Pico Sacro pódese ver parte da historia xeolóxica do planeta, algo que sucede en moi poucos lugares do mundo”. Unha información da que se dará conta nestas visitas ao tempo que as persoas asistentes poderán gozar da impresionante panorámica da bisbarra compostelá que se pode ver dende este enclave.

Os percorridos terán como punto de encontro o aparcadoiro do Pico Sacro e durarán aproximadamente unha hora. A visita levará ás persoas asistentes a distintos puntos como o cumio principal deste monte, o sub-cumio oeste, as dúas bocas das covas e a Rúa da Raíña Lupa. Cada parada contará con cumprida información sobre a singularidade deste enclave.

As visitas teñen un custo de 10 euros/persoa, sendo de balde para menores de 12 anos. O prezo inclúe Guía Oficial de Turismo de Galicia e Seguro de Responsabilidade Civil. As prazas son limitadas e deberán realizarse as reservas previa inscrición a través do enderezo electrónico geoturgalicia@gmail.com ou no teléfono 675 820 520.

Dende o Concello de Boqueixón lembran a importancia desenvolver estas actividades respectando todas as medidas hixiénico-sanitarias de prevención contra a COVID-19. Por iso, será obrigatorio o uso de máscaras en toda a actividade, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e terán á súa disposición xeles hidroalcohólicos. Ademais, a propia empresa conta coa acreditación do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e da Xunta na aplicación dos protocolos frente a COVID-19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies