Compostela, 13 de marzo do 2019 – O vandalismo atentou de novo contra o patrimonio de Compostela que amenceu con tres pintadas no conxunto da Catedral.
As pintadas foron realizadas no muro da fachada do Obradoiro e dúas máis no arco de Xelmirez. Desde o momento en que se descubriron movilizouse tanto a policía científica, para recoller tódolos datos posibles co fin de deter aos autores, como aos operarios necesarios para restaurar o conxunto eliminando a pintura.
Polémica política
A diferenza ao sucedido cando se produciron as pintadas en Praterias, con tódolos políticos xuntos vendo o problema, en esta ocasión responsables municipais e autonómicos apareceron por separado. O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, achegábase ao Obradoiro para condenar os feitos e anunciar a colocación de cámaras de vixianza e aproveitando para insinuar unha deixadez do concello
En todo caso Román Rodríguez non se aventurou a dicir onde se colocarían deixando a decisión aos técnicos.
Pola súa parte o alcalde, Martiño Noriega, condenou tamén os feitos e explicou que desde primeira hora estaba en contacto cos responsables da Catedral
Sobre as declaracións do Conselleiro Noriega acusouno de deslealdade por non avisar que ía ir ao Obradoiro e poder así acudir xuntos como sucedera en Praterías.
Restauración
Levará algún tempo eliminar as pintadas e non todas desapareceran ao mesmo tempo, dependendo da pedra o traballo será máis ou menos doado pero os técnicos traballan desde onte en elo.