займ срочно

A Mancomunidade de Ordes pon en marcha o II Plan de Igualdade

0

Ordes, 11 de setembro do 2018 – O II Plan para a Igualdade entre Homes e Mulleres da  Comarca de Ordes foia aprobado por unanimidade no pleno de setembro da Mancomunidade.

Cun período de vixencia de cinco anos o plan de igualdade preséntase como un instrumento de referencia no seu ámbito de actuación. O documento propiciará modelos máis igualitarios en base a principios reitores básicos como a atención á diversidade, a xustiza social, a innovación, a perspectiva de xénero e a transversalidade. A intención da Mancomunidade é que sirva de guía as actuacións políticas sociais e de igualdade, ademais de servir de reforzo contra a fenda de xénero.

As medidas aplicaranse en oito áreas de actuación: Políticas e accións municipais, educación en valores, xestión do traballo e dos tempos, emprego e innovación, liderado e igualdade na participación, calidade de vida e benestar, sensibilización e prevención na violencia de xénero, así como a intervención e o tratamento desta problemática.

Outro dos aspectos acordados durante o pleno foi a solicitude dunha subvención á Consellería de Economía, Emprego e Industria destinada á promoción e ao fomento do emprego na comarca mediante a contratación dun axente profesional. Unha achega a través da cal se sufragaría o 25% dos gastos da súa contratación. A sesión aprobou ademais, de xeito definitivo, a conta xeral 2017.

Share.

Comments are closed.