Touro, 9 de setembro do 2018 – O piloto Joel Souto, da escudería Desguaces Tino Racing , foin onte sábado o gañador do XX Slalom Concello de Touro.
Joel Souto Gañou a proba conducindo un Peugeot 106 S16 e cun tempo de 1.39.931. O subcampeón foi Fracisco Pico López (coche número 11), cun tempo de 1.41.911. Este piloto da escudería Automovil Club As Pontes utilizou un Citroën AX. O terceiro posto foi para Manuel Trevín Rego (coche número 1), da escudería Senra Sport, cun tempo de 1.42.874. Utilizou un BMW Compact.
Este ano non acudíu á cita de Touro o piloto Manuel Souto Paderne, que nas dúas citas anteriores fíxose co primeiro lugar. A proba foi moi disputada e emocionante. Os pilotos que representaron a Touro Motor acadaron unha boa clasificación. Edgar Caride, con un Peugeot 206, quedou en octava posición. O noveno foi Iván Mareque, con un Peugeot 106 S16. Rubén Brea situouse no décimocuarto lugar. Utilizou un Citroën Saxo. E David González, tamén cun Citroën Saxo, acadou o décimooitavo lugar.
Centos de persoas disfrutaron durante todo o día dunha proba automobilística nun día soleado e con boa temperatura. O circuíto urbano de 1,7 quilómetros sobre asfalto instalouse como é habitual nas rúas de Fonte Díaz, capital do municipio. O Slalom estivo patrocinado polo Concello de Touro e a organización da proba levouna adiante a escudería Touro Motor, unha das firmas máis activas do panorama automobilístico en Galicia. O seu presidente, Ramón González, destacou a afluencia de público e de pilotos e agradeceu tamén o apoio dos voluntarios que participaron na organización.