займ срочно

O Obradoiro  presentou  as camisetas  oficiais e a asignación de  dorsais

0

Compostela, 31 de agosto  do 2018 – O  Monbus Obradoiro presentou as Camisetas Oficiais de xogo, que o persoal lucirá nos encontros da tempada, ademais da asignación de dorsais decidida cos xogadores.

A conselleira do  Monbus Obradoiro, Lupe Murillo, foi a encargada de presentar as camisetas das que dixo que ” A principal novidade é unha tendencia e por iso esta tempada as camisetas serán con mangas. Aínda que o primeiro equipo vai xogar con esta nova camiseta, manteremos á venda tamén a camiseta clásica, para todos aqueles afeccionados que a prefiran sen mangas. Os novos equipamentos estarán á venda a partir da  Supercopa Endesa e a versión clásica está á venda desde xa, tanto en Tiro Libre como na súa web, cunha promoción de lanzamento especial de 30€ para abonados e 40€ para non abonados, dispoñible ata a primeira xornada de Liga”.

O xogador do  Monbus Obradoiro, Nacho  Llovet, fixo de modelo vestindo o primeiro equipamento, azul e branco como as cores da bandeira de Galicia, e suxeitando o segundo equipamento, que esta tempada recupera a cor negra que o equipo xa vestiu en tempadas anteriores.

Os dorsais

Os xogadores do  Monbus Obradoiro escolleron os seus dorsais para a tempada 2018/19 e comunicaron as razóns da súa elección:

3 – Albert  Sàbat: “Sempre xoguei co 6, pero en cando cheguei ao  Joventut xa estaba ocupado por outro xogador. Así que como me gustaba o número 3, por nada en especial, quedei con ese. Ao chegar ao  Monbus Obradoiro a pasada tempada decidín mantelo”.

7 – Ben  Simons: “Continúo co número 7 porque sempre quixen levalo en Estados Unidos pero alí non puiden. Desde que xogo en Europa, comezarei a miña cuarta tempada agora, sigo co número 7”.

8 –  Kendall  Stephens: “Decidín que no  Monbus Obradoiro xogarei co 8 porque é o número favorito da miña irmá”.

9 – Nacho  Llovet: “O meu número favorito era o 7 pero cando cheguei á  Penya estaba retirado por  Margall e escollín o 9. É un número que xa levara outras veces porque ten un significado importante (nacín un día 9, a miña irmá un 19 e o meu pai xogaba co 9) así que ao chegar ao ‘Obra’ hai dúas tempadas decidín mantelo. E así seguirá”.

10 –  Vladimir  Brodziansky: “Empecei utilizando o número 10 cando xoguei por primeira vez co equipo do meu país e desde ese momento quedei usando ese”.

13 – Andreas  Obst: “Xoguei co dorsal 13 os primeiros 8 anos que practiquei baloncesto. Despois, ao ser o máis novo no equipo alguén o escollía e tiven que cambiar. Cheguei ao ‘Obra’ e como estaba dispoñible escollino de novo”.

14 –  Maxime de  Zeeuw: “Non existe ningún motivo en concreto pero simplemente escollín xogar co 14 porque foi o primeiro dorsal co que xoguei como profesional e nunca quixen cambialo”.

16 –  Nick  Spires: “Sempre xoguei co 14 ou o 16. No caso do 14 porque foi a idade á que fun consciente de que quería dedicar a miña vida ao baloncesto de forma profesional. Mentres que o 16 foi cando comezou a miña carreira profesional. Así que ao chegar ao Obra a tempada pasada escollín o 16”.

20 – David Navarro: “O meu número favorito e o que levei sempre foi o 15, pero ao chegar a Santiago estaba retirado por Oriol  Junyent. Como Manu  Ginobili foi un dos meus xogadores favoritos de sempre e leva o 20… Decidinme por ese”.

32 –  Tryggvi  Hlinason: “A miña primeira idea era escoller o 15, pero no ‘Obra’ está retirado por Oriol  Junyent, así que me decantei polo 32”.

44 – Pepe Pozas: “Sempre xoguei co 4 ou 14 pero cando cheguei ao Obra tiven que escoller outro, así que me decidín polo 44”.

54 – Martins  Laksa: “O meu pai xogaba co número 9. Eu tamén o utilicei cando era pequeno pero logo adoitaba estar ocupado. Quixen crear a miña propia identidade e como non coñecía moitos xogadores co 54… Ese escollín!”.

77 –  Kostas  Vasileiadis: “A primeira vez que xoguei no ‘Obra’ tiven o 7 pero esta tempada teno Ben  Simons. O segundo motivo, e máis importante, xa o levei a tempada pasada en  Iberostar Tenerife e como xoguei ben, quíxeno levar aquí tamén”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies