Compostela, 27 de xullo do 2018 – Onte eran presentadas as Xornadas de Folclore que este sábado chegarán a cincuenta edición pero antes, esta noite, a Quintana acolle a La Mala Rodríguez.
La Mala Rodríguez é unha das principais figuras femininas do rap feito en España. Ven de presentar o vídeo de “Gitanas” anticipo do seu novo disco. Hai cinco anos La Mala conseguía co disco “Brujas” un Grammy Latino ao mellor álbum urbano. O concerto de La Mala comezará ás 22:00 h pero, antes que ela, ao escenario da praza da Quintana subirá Erin, todo un referente do hip hop galego. Este mozo compostelán, integrante de Comando Katana e Selassie Sound System, leva na música dende 2001 e ten compartido escenario cos artistas máis destacados do xénero.
Xornadas de Folclore
Onte xoves eran presentadas as Xornadas de Folclore que chegan a súa cincuenta edición. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe as Xornadas, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por representantes das agrupacións Cantigas e Agarimos, Brincadeira, Ultreia e Colexiata de Sar. A concelleira de Acción Cultural lembrou que “as Xornadas de Folclore comezaron en 1969, no mesmo escenario da Quintana e no mesmo contexto do Apóstolo, pero cun espírito moi diferente no medio da ditadura franquista”. Branca Novoneyra referiuse ao comezo das xornadas “cando aínda se chamaban Danzas de España, e nas que participaban sobre todo agrupacións da Sección Feminina ou da Obra Sindical de Educación y Descanso, con excepcións como Cantigas e Agarimos”. A concelleira tamén quixo valorar o traballo que fan as agrupacións tradicionais na conservación da nosa cultura, “traballo que vén de ser recoñecido co acordo do Pleno da Corporación para entregarlle a Medalla de Ouro da Cidade a Cantigas e Agarimos, con mencións especiais para Brincadeira, Colexiata de Sar e Ultreia”
Programa venres 27
[tabs]
[tab title=”13.00 h”]Día de Padrón en Santiago
13.00 h Encontro das corporacións diante dos soportais de Raxoi.
13.10 h Intervención dos alcaldes de Padrón e Santiago no Salón Nobre.
13.20 h Saída aos balcóns para presenciar as actuacións das bandas de música.[/tab]
[tab title=”18.00 h. “]VISITA DIALOGADA ENTRE ROSALÍA DE CASTRO E VALLE-INCLÁN
Saída da Praza de Santo Agostiño, Rúa da Conga, Rúa Nova, Igrexa de Santa María de Salomé, Rúa do Vilar, Rúa de Bautizados, Igrexa de San Fiz de Solovio.[/tab]
[tab title=”19.00 h.”]XL Torneo da Chave Festas do Apóstolo
19.30 h. Campionato feminino
20.30 h. Campionato masculino
Alameda[/tab]
[tab title=”22.00 h. “]Concerto ERIN+ MALA RODRIGUEZ
Praza da Quintana[/tab]
[tab title=”23.00 h. “]VOODOO (Soul + folk = SOULK)
Maritxinha e Belém Tajes (baixo, loops, teclado e voces)
Praza do Toural
23.00 h. Orquestras na Alameda:
ISRAEL
Paseo Central[/tab]
[/tabs]