займ срочно

Compostela énchese de Orgullo

0

Compostela, 22 de xuño do 2018  – O concello de Santiago celebra hoxe e mañá o Orgullo 2018 con actividades na Praza 8 de marzo e no Matadoiro.

O programa, baixo o nome Compostela Diversa, está organizado polo Concello, en colaboración cos colectivos AmiZando, Arelas, Avante e Ultreia. A festa do Orgullo estará presentada por Carlos Blanco esta noite a partir das 8 da tarde. O actor e monologuista daralle paso á lectura do manifesto LGTBI e, posteriormente ás actuacións de De Vacas, Sabela King & The Heartbreakers, La Prohibida e Moreno Moreno.  Tamén haberá música o sábado 23 de xuño, cunha sesión vermú a partir das 13:00 horas na que participarán Broken Peach, Putochinomaricón, Fantástica DJ e Bribatta.

Compostela Diversa pretende poñer en valor o papel de Santiago como capital e referente da diversidade sexual e de xénero en Galicia. Para iso, o Concello e os colectivos LGTBI deseñaron conxuntamente unha serie de actividades nas que se apostou por combinar a parte reivindicativa coa máis lúdica e festiva, con propostas mesmo para os nenos e nenas.

Postos informativos e mesa redonda

A parte festiva do programa Compostela Diversa vai complementada cunha serie de accións que pretenden ser máis reivindicativas e coas que os colectivos LGTBI queren dar a coñecer o seu traballo. Así, tanto o venres 22 como o sábado 23, na praza 8 de marzo estarán instalados postos informativos de AmiZando, Arelas, Avante e Ultreia, que mostrarán as actividades nas que participan ao longo de todo o ano.

Ademais hoxe celebrarase unha mesa redonda baixo o lema “Igualdade legal para a igualdade real. O futuro lexislativo das leis trans e da lei LGTBI”, que reunirá a representantes públicos e voceiras de diferentes asociacións. Está prevista a participación de Daniela Ferrández, activista de AmiZando; a senadora Vanesa Angustia; a deputada Olalla Rodil; o avogado Miguel Vieito e do activista de Avante Martín Vizcaíno. O debate comezará ás 18:00 horas. Previamente, está prevista unha sesión de contacontos con Raquel Queizás, que trae ao Compostela Diversa a súa proposta “Somos iguais”. Nela, Queizás reúne historias de nenas e nenos, ou de animais, que rompen os estereotipos de xénero que abundan nos contos.

Ademais das actividades previstas polo Concello e as asociacións LGTBI, os bares, pubs e restaurantes da zona participaron no deseño do programa Compostela Diversa e na súa difusión, levando a cabo actuacións específicas nos seus locais. Os que se sumaron á proposta foron Curruncho, Medusa, Bicoca, Bloom, Forum, Matadero, TS- A Casa, Porrón. Miúdo e O Inferno. Tamén moitos comercios do barrio de San Pedro levarán a cabo actividades no marco da celebración do Orgullo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies