A Estrada, 11 de maio do 2018 – O concello de A Estrada acolleu a presentación da corenta e cinco edición da Festa do Salmón coa presencia do alcalde José López Campos, o presidente do Centro de Iniciativas Turísticas, Luís Reimóndez, e Adriana Abelleiro como representante do secto hostaleiro.
A Festa do Salmón terá como pregoeiro ao neurocientífico Carlos Acuña Castroviejo do que Luís Reimóndez facía esta descrición
Este ano recibirán ademais o Salmón de Ouro a Coral Polifónica de A Estrada e a Fundación Casa Ducal de Medinaceli propietaria do pazo de Oca
A Festa
O alcalde José López Campos destacaba a importancia da festa para o concello e o complicado de manter un evento durante tantos anos
Parte indispensable das actividades son as vinculadas ao sector da hostalería, principalmente a ruta de tapas e a degustación
Actividades durante 10 días
Durante a presentación debulláronse especialmente os catro eixos do programa, que comezarán esta mesma fin de semana co 42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón nos coutos estradenses de Sinde, Ximonde, Couso e Pontevea no río Ulla. O certame contará con 52 participantes chegados de toda España e confírmase como o máis prestixio de toda a franxa norte peninsular.
Así mesmo, proseguiuse coa Ruta-Degustación de Tapas, que se prolongará do mércores 16 ao sábado 19 de maio coa participación de 28 establecementos e un prezo unitario de 1,80 euros por cada pincho. E finalmente, lembrouse que a degustación popular do día grande da festa, o domingo 20, comezará tras a la lectura do pregón e a entrega dos Salmóns de Ouro, programados para o mediodía no Teatro Principal.
A degustación manterá o mesmo formato dos últimos anos, celebrándose no Novo Mercado e a súa contorna urbana da Praza do Mercado e a rúa Álvarez Insua e cun prezo de 4 euros por cada bandexa de dous pinchos de salmón. En total, participarán dez establecementos, Nixon, O Asador de Leo, Panadería Cervela, A Bombilla, Mar de Compostela, Velis Nolis Bistró, A Casa do Pan, Os Peares Argentinos Burguer e Samaná, aos que se sumará Sidra Lagar de Ribela.