Compostela, 13 de abril do 2018 – Los Hermanos Cubero, toda unha referencia no folk nacional e no bluegrass que os levou a participar no Primavera Sound ou no Womad, pasan esta noite, 21:00 9€/12€, pola Casa das Crechas.
Los Hermanos Cubero nacen na Alcarria. Na súa música mesturan o flok manchego co bluegrass americano cun resultado atractivo s sorprendente. Os irmáns manchegos Quique e Roberto fusionan con mestría as súas influencias e danlles forma a través das súas dúas voces, unha guitarra e unha mandolina. E teñen moi claro que non necesitan máis no que se refire ao apartado musical. O broche de ouro pono as súas letras punzantes e cargadas de mensaxe, camufladas con moita arte mediante unha sátira que adoptaron do cancioneiro tradicional da Alcarria, a súa terra á que recorren frecuentemente a modo de musa.
Pouco despois de cumprirse o cinco anos desde o seu debut editorial con “Cordaineros de la Alcarria” (Autoeditado, 2010) sacaron ao mercado “Arte y Orgullo” (El Segell, 2016) disco que os consagrou entre as masas, recibiu halagos da crítica e levounos a percorrer parte da xeografía española. O folk en castelán colle unha nova dimensión da man dos Hermanos Cubero.