займ срочно

Este martes chega a primavera

0

Bisbarra, 19 de marzo do 2018 – Este martes, as 17 horas 16 minutos chega a primavera, según indica o Observatorio Astronómico Ramón María Aller dependente da Universidade de Santiago.

O inicio da primavera está sinalado polo paso aparente do Sol polo punto Aries, un dos dous puntos de corte da elíptica co ecuador celeste, como informa o director do Observatorio José Ángel Docobo. En primavera o Sol está practicamente o mesmo tempo por riba que por debaixo do horizonte, saíndo o astro rei exactamente polo leste e poñéndose xusto no oeste. Esta nova estación estenderase ata as 12.07 horas do 21 de xuño, momento no que se rexistrarán quince horas e luz e nove de escuridade.

Durante a primavera haberá dúas choivas de estrelas das que, como explica o profesor Docobo, non se agarda moita actividade: as Líridas en torno ao 22 de abril e as Eta-Acuáridas a comezos de maio. Nos amenceres dos primeiros días tanto de maio coma de xuño poderá contemplarse unha aliñación Lúa-Marte-Saturno. Pola contra, no solpor do 17 de maio e 16 de xuño, a Lúa estará moi preto de Venus, planeta este que estará visible toda a primavera coma luceiro vespertino.

Segundo as estimacións do director do Observatorio Ramón María Aller, a finais de abril o protagonista vai ser Mercurio, observable a simple vista antes da saída do Sol, mentres que Xúpiter irá saíndo cada vez mais cedo, sendo visible durante case toda a noite ao longo da estación. Por outra banda, Marte e Saturno, próximos entre si, poderán observarse mais ben na segunda parte das noites. Para a observación dunha eclípse haberá que agardar ata o verán, cando o dia  27 de xullo teremos a oportunidade de visualizar unha total de Lúa.

Inverno chuvioso

Do inverno que remata, José Ángel Docobo subliña que na primeira quince deste mes de marzo e particularmente coas borrascas dos últimos días -Félix e Gisele- en Compostela rexsitráronse un total de 290 litros/m2, cantidade “que non se chegou a acadar en ningún mes completo do ano pasado”.

Logo dun longo período de seca, remata agora un inverno bastante chuvioso na área de Compostela. Como lembra o profesor Docobo, sen chegar á cantidade daquel outro inverno de 2015-16 (873 litros/m2 en 70 días), no de agora tense recollido preto de 750 l/m2, igualmente en 70 xornadas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies