займ срочно

Levan ó Congreso as carencias dun paso de peóns en Ordes

0

Ordes, 28 de febreiro do 2018 – O grupo parlamentario socialista do Congreso dos Deputados ven de elevar ao Goberno do Estado unha petición da agrupación socialista de Ordes para que se mellore a seguridade viaria no paso de peóns de entrada á vila, na N-550.

Alejandro Manteiga, portavoz socialista en Ordes, explica que se trata do paso de peóns na rúa Alfonso Senra, á altura do antigo aserradoiro de Mirás  “Entendemos que o paso non cumpre coas condicións mínimas de seguridade para os peóns que o cruzan, polo que instamos ao Goberno a colocar un semáforo, mellorar a iluminación ou instalar outro elemento que incremente a seguridade da veciñanza”.

Os socialistas lembran que os vehículos que circulan nese punto da N-550 entran na vila a unha elevada velocidade e non se decatan da existencia deste paso de peóns, emprazado a poucos metros dun transitado cruce de estradas. “Non é a primeira vez que as persoas que o cruzan están cerca de ser atropeladas, polo que é preciso tomar as medidas preventivas que sexan precisas para aumentar a seguridade viaria na zona”, indica Manteiga.

A iniciativa foi presentada polas deputadas socialistas Rocío de Frutos Madrazo, Pilar Cancela Rodríguez, Dolores Galovar Carrera e Margarita Pérez Herráiz, así como polos deputados Guillermo Meijón Couselo e Ricardo García Mira.

Share.

Comments are closed.