Bisbarra, 30 de xaneiro do 2018 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciaron un acordo entre as tres institucións para abordar a comarcalización do parque de bombeiros ao longo deste ano.
O proceso que converta o actual parque de bombeiros nun de ámbito comarcal e algo aínda con bastantes incógnitas. Os 8 concellos que serían atendidos ou en que medida ampliarase a actual plantilla para atender as novas necesidades é algo que será definido nos próximos meses.
O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicaba ao remate da reunión que se trataba de que os concellos que rodean a Compostela tiveran o mesmo servizo que agora teñen os veciños da capital
O Presidente da Deputación, Valentín González, fala na súa quenda da necesidade de eliminar a zona de sombra na que esta toda a bisbarra de Compostela
Pola súa banda Martiño Noriega mostrábase esperanzado pero moi prudente ante as cousas que quedan por resolver
Os xornalistas non perderon a oportunidade de preguntar por un dos principais escollos, o do persoal. Alfonso Rueda recoñecía esa dificultade pero entendía que hai vías legais para solucionalo
Martiño Noriega pola súa banda incidía tamén na vontade e na necesidade de dar uns meses para que os acordos foran pouco a pouco facéndose efectivos
As intencións son que o parque mantéñase na ubicación actual e que o número de efectivos pase de 45 a 90. No caso de que a comarcalización precise dun novo parque será en ese momento cando se tome a decisión de construír un novo o aproveitar o esqueleto de edificación situado en salgueiriños.