займ срочно

As festas do Apóstolo lembrarán ao xornalista Antonio Bermúdez

0

Compostela, 18 de xullo do 2017 – O Estadio de San Lázaro acollerá o próximo 25 de xullo un partido en memoria do xornalista deportivo Antonio Bermúdez, que enfrontará á S.D. Compostela e ao C.D. Lugo.

O encontro foi presentado en rolda de prensa polo alcalde, Martiño Noriega; o presidente do Compostela, Antonio Quinteiro; o director de Relacións Institucionais do club, Ramón Castro, e o fillo do homenaxeado, e tamén xornalista deportivo Toño Bermúdez.

O alcalde mostrou a satisfacción do Concello por poder colaborar nun partido que “permite recordar a Antonio Bermúdez un ano despois do seu falecemento, cando aínda nos sentimos orfos”. Martiño Noriega incidiu en que o xornalista Antonio Bermúdez “formaba parte do imaxinario deportivo de toda a cidadanía de Santiago, e tiña percorrido miles de quilómetros seguido a traxectoria dos equipos máis emblemáticos da cidade como o Compostela, o Santiago Futsal ou o Obradoiro”.

Tanto o fillo do homenaxeado, Toño Bermúdez, como o presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro, incidiron nesa vinculación do xornalista falecido con todo o mundo do deporte, “e en especial co Compos, que foi o equipo do seu corazón”.

Chamamento á asistencia

O II Memorial Antonio Bermúdez celebrarase o 25 de xullo, a partir das 20:00 horas, no estadio de San Lázaro, e enfrontará á S.D. Compostela co C.D. Lugo. As entradas custarán 10 euros, salvo para os menores de 12 anos e para os socios, que serán de balde.

Antonio Quinteiro fixo un chamamento á asistencia ao partido, como mellor maneira de homenaxear a Antonio Bermúdez. Tamén se comprometeu “a darlle continuidade a este memorial ano tras ano, porque o xornalista será parte do Compostela para sempre”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies