займ срочно

Compostela, 16 de xullo do 2017 – A capacidade de investigación da USC creceu nas últimas décadas a unha velocidade que obrigaba a buscar unha organización eficiente pero tamén práctica.

O equilibrio entre a estabilidade na investigación e a necesaria difusión, e aplicación, dos logros foi o xerme do Campus Vida da USC. O Campus Vida é unha das expresións máis claras do sentido común aplicado a xestión, en el reúnense para traballar a propia USC, poderes públicos como o Goberno Central ou a Xunta de Galicia, empresas e agrupacións de empresas que precisan de avances tecnolóxicos e unha serie de centros de investigación cos que compartir e comparar o traballo que se fai.

Dentro do Campus Vida están integrada a Rede de Centros Singulares de Investigación. O Ciqus, centrado na química biolóxica e os materiais moleculares, o Cimus, que investiga o campo da medicina molecular e as enfermidades crónicas, e o Citius que traballa coas tecnoloxías da información. Precisamente o Citius abriu este pasado venres as portas dos laboratorios na terceira edición do que denominan Inside the Lab e que pretende mostrar os últimos avances dos seus científicos.

A xornada esta organizada de tal xeito que os visitantes teñen liberdade para moverse polo edificio e falar cos investigadores do Citius sobre o seu traballo. En cada laboratorio os investigadores explican o que fan, presentan demostracións, e contestan as preguntas que van xurdindo. Dado os sectores nos que traballa o Citius  todos os proxectos están vinculados a proporcionar información útil en distintos campos, a recoller, en resumo, datos que podan ser despois aplicables para distintas cuestións.

O traballo dos Centros Singulares de Investigación ten moito que ver coa sanidade e iso vese nos proxectos do Citius. Un deles permite que unha placa de uns milímetros recolla enerxía da luz e a transforme para alimentar a dispositivos que, implantados no corpo humano. fagan e envíen lecturas médicas. Outro pescuda entre os textos que escribe unha persoa que, p sufriu problemas de depresión ou de outro tipo para adiantarse a unha posible recaída. Un software nos di en tempo real que valoración ten unha palabra nunha rede social como Twitter. Traballos todos cunha aplicación real e, en moitos casos, inmediata o que pecha a relación entre USC e o mundo externo: estudantes que se converten en investigadores e conseguen avances que fan avanzar a súa vez a esa sociedade da que saíron eles mesmos.  

O mellor para rematar este artigo e que o lector comprobe a un tempo estes avances e como cambiou a sociedade. Un dos proxectos e o buscador diacrónico, un software que permite ver a evolución do significado dunha palabra ao longo da historia. Sabían que na primeira década do século pasado investigador era sinónimo de publicista ou observador e que hoxe en día o que entende a meirande das persoas e especialista ou estudoso? unha búsqueda que nos indica que os investigadores conseguiron nos últimos 100 anos que a xente comezara a entender o que fan e que, aínda que queda moito, todo vai por bo camiño. Agora xa pode buscar como evolucionou esa palabra que tanto lle atrae o lle inquieta, é posible que en outro tempo non lle produciría o mesmo efecto

http://tec.citius.usc.es/buscador-diacronico/

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”34″ sortorder=”560,563,564,568,561,565,566,567,569,570,572,562,573,571,574,575,576,577″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”5″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.