Compostela, 22 de xuño do 2017 – Dentro da programación das festas de San Xoán do Concello de Santiago realízanse dous obradoiros de baile tradicional.
As citan son hoxe e mañá na praza de Mazarelos que será o epicentro das actividades do San Xoán en Compostela.
Hoxe xoves de 18:30h a 19h e 19:30h a 20h. Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego (agarrados, solto e xogos de roda) a cargo de Montse Rivera coa música ao vivo de Ariel Ninas á zanfona. agarrados, xogos de roda e solto.
Mañá venres, vespera de San Xoán 20:30h – 21h e 21:30h- 22h Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego a cargo de Mercedes Prieto co acompañamento ao acordeón de Serxio Cobos.
Ambas actividades son de balde e están suxeitas ao aforo dispoñible.