займ срочно

Un centenar de afeccionados na VIII Ruta Río Ulla en BTT de Touro

0

Touro, 19 de xuño do 2017 – Arredor de 100 afeccionados ao ciclismo na natureza participaron na tarde do sábado na VIII Ruta Río Ulla en BTT.

Os corredores disfrutaron dunha tarde de sol e con temperaturas en cotas de pleno verán.

Os 100 participantes situáronse puntualmente na meta, instalada nun lateral da sede do Concello, para tomar a saída. O percorrido da carreira levounos por algunhas das paraxes máis fermosas da bisbarra de Santiago, nas ribeiras do Ulla, completando 40,5 quilómetros

A ruta, xa consolidada no calendario de probas de BTT, tiña unha calificación de dificultade técnica/física: media/alta aínda que tamén houbo unha ruta corta de 29 quilómetros.

O Concello de Touro, organizador da proba, repartiu premios para os participantes. Colaboraron na organización da proba a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, as Casas de Turismo Rural de Touro e a Imprenta Ayude de Arzúa. Tras a proba sorteáronse cinco fins de semana para dúas persoas nos siguentes establecementos hoteleiros do Concello de Touro: A Pena de Augasantas (Beseño), Casa Míguez (Quión), Pazo de Andeade (Andeade), Divina Pastora (Loxo) e Fogar de Ínsua (Prevediños).

Share.

Comments are closed.