займ срочно

A Mancomunidade de Ordes continuará co plan de promoción da lingua galega

0

Ordes, 11 de maio do 2017 – O pleno da Mancomunidade de Ordes correspondente ao mes de maio acordou solicitar da Consellería de Cultura financiamento para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística, por un importe de 10.300 €.

Unha medida contemplada no Diario Oficial de Galicia do pasado 2 de maio e que contribúe coa necesidade de consolidar o papel normalizador das corporacións locais por medio da xeneralización do uso do galego como principal lingua de traballo e comunicación cos seus administrados.

Dende o ano 2013 a Mancomunidade de Ordes dispón deste departamento dotado cunha filóloga que presta distintos servizos. Estes servizos que o frece a Mancomunidade pasan por planificar, xestionar, executar e avaliar medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente. 

Actividades lúdicas, cursos de formación dirixidos a diversos sectores poboacionais de cara á obtención de titulacións CELGA, celebración de xornadas temáticas e eventos conmemorativos, posta en marcha de obradoiros de aprendizaxe tanto no ámbito académico como noutros, supervisión da comunicación institucional dos membros da Mancomunidade nos distintos soportes etc, son algunhas das funcións que se desenvolven ao longo de todo o ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies