займ срочно

24 empresas participan esta fin de semana na Feira do Comercio de Noia

0

Noia, 14 de marzo do 2019 –  O pavillón polideportivo Agustín Mourís acollerá dende este venres 15 ata o domingo 17 de marzo unha nova edición da Feira do Comercio de Noia. Unha cita foi presentada polo presidente da asociación empresarial, Francisco Pérez, e da concelleira de Comercio, Mariola López.

A concelleira explicou que  “A Feira do Comercio de Noia manterá a estrutura de praza central, como o ano pasado, xa que resultou do agrado das empresas participantes. Nesta edición contaremos con algún participante máis, sendo un total de 24 expositores”. Entre os artigos que se porán á venda a prezos de saldo atoparanse, principalmente, roupa e complementos, moda infantil e deportes.

A entrada será libre cun amplo horario según afirmou o presidente de Noia Histórica, entidade encargada de organizar esta cita. As portas abriranse o venres entre as 17.00 e as 21.30 horas, mentres que o sábado poderase asistir entre as 10.30 a 21.30 horas e o domingo, de 10.30 a 21.00 horas. Do mesmo xeito, “contaremos con servizo de ludoteca e animación para a cativada e cun servizo de cafetería”.

Definida como unha das iniciativas pioneiras a nivel galego a prol da dinamización do comercio, a Feira do Comercio de Noia celébrase dende o 2006. Noia Histórica ven ademais de obter o Accésit Honorífico no Premio Nacional de Comercio. Francisco Pérez explicou que “unha delegación de Noia Histórica e do propio Concello desprazarase a Madrid o vindeiro 21 de marzo para participar na entrega deste recoñecemento que, agardamos, sirva de exemplo e de ánimo para seguir a traballar nesta liña no futuro”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies