займ срочно

Pacto x Ames di que o goberno municipal condena a precariedade aos monitores dos comedores

0

Ames, 8 de maio do 2017 – Pacto x Ames denuncia que os pregos de condicións do servizo de comedores e similar aos anteriores pero con prezos a baixa.

Pacto x Ames di que os pregos aprobados para o servizo de comedores na xunta de goberno do 12 de abril son similares aos aprobados polo goberno anterior e lembran que, cando se deseñaran, o propio Miñones fora crítico con eles.

Pacto x Ames explica que nos mesmos figura unha cuantiosa rebaixa nas condicións salariais das persoas que  desenvolverán o traballo de monitoraxe, e os traballos de limpeza e conserxería nos  5 centros educativos que teñen este servizo.

  PREZO HORA PREGO ANTERIOR PREZO HORA PREGO NOVO DIFERENZA %
Coordinador 17,28 € 17,00 € -1,62%
Monitor 15,34 € 14,00 € -8,74%
Monitor de apoio 15,34 € 14,00 € -8,74%
Persoal limpeza e conserxería 9,72 € 9,50 € -2,26%

 

Para Pacto x Ames rebaixando as cantidades nos pregos, estase forzando as empresas a realizar unha baixa, e polo tanto, sumir nunha profunda precariedade laboral ao eslabón máis débil da cadea. Estase precarizando a 108 monitores que tan só traballan 2,5 horas ao día, a 4 persoas que se encargan da limpeza e conserxería que tamén traballan 2,5 horas ao día e a 5 coordinadores que traballan 3,5 horas ao día. Según eles rebaixando estas cantidades, ademais, pode ocorrer que este servizo quede deserto, cos inconvenientes que podería provocar.

Pacto x Ames tamén critica que o prego non contemple máis de tempo de traballo para este persoal, sabendo que as necesidades son moito máis altas e que os proxectos educativos necesitan máis tempo, tal e como se demanda nos centros educativos.

O prego, que estima un valor de 3.066,787,50 € para unha vixencia de dous anos con posibilidade de prorrogar outros dous, facendo un total de catro anos, contempla a subida de usuarios (89), e como consecuencia a adaptación da ratio tal e como esixe a orde do 21 de febreiro de 2007 da Consellería de Educación Universitaria, que regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios na que se fixa como ratio 1 monitor por cada grupo de 15 usuarios no caso de Educación Infantil e de 1 monitor cada 30 usuarios no caso de Educación Primaria, coa excepción do alumnado que precise unha atención específica en función das súas circunstancias concretas, por necesidades específicas de apoio por algún tipo de enfermidade, mobilidade reducida, dificultades sensoriais etc.

A aprobación deste documento na Xunta de Goberno do pasado 12 de abril, demostra para Pacto x Ames  que “o goberno practica a política das aparencias; din que van a municipalizar servizos pero fan todo o contrario, seguen sacando a licitación servizos para que as empresas fagan o traballo, ao igual que fixeron co chamado Ciclo Integral da Auga.

Esta política das aparencias demostra unha vez máis que o tripartito de Ames, apoiado por Ames Novo, non é capaz de cumprir os compromisos, de feito, no que respecta á municipalización, ata o de agora, en dous anos de goberno, non iniciaron nin un só trámite para municipalizar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies