займ срочно

Presentadas as III Xornadas gastronómicas da Filloa de Boqueixón

0

Boqueixón, 9 de febreiro do 2018 – Onte foron presentadas na Praza de Abastos de Compostela as terceiras Xornadas Gastronómicas da Filloa de Boqueixón que se celebrarán a partir do próximo luns.

Estas Xornadas da Filloa contarán coa participación de 8 locais de hostalería do municipio, dous máis que o ano pasado. Terán lugar do 12 ao 17 e as tapas poderán degustarse entre as 12 e as 3 da tarde e entre as 8 e as dez media da noite a un prezo de 2 euros.

O alcalde Manuel Fernández Munín falaba na presentación da importancia que teñen estas iniciativas para dar a coñecer o municipio

Por outra banda un dos hostaleiros, José Oliveira de Casa Pepe, explicaba o esforzo que fan por presentar algo distinto que serva tamén para atraer máis xente ao concello

Tanto alcalde como hostaleiros agradecían a colaboración da Praza de Abastos para poder realizar a presentación e dos medios de comunicación que axudan a difundir as xornadas.

Ao longo dos seis días poderanse disfrutar de filloas con recheos moi distintos ao típico chourizo. Lacón con grelos, cocido, queixo de Boqueixón con polbo, verduras, espinacas con bacallau, segredo, nata con chocolate ou morcilla doce son algunhas das tapas que se ofrecerán.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies