Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Hemeroteca axenda

Xandobela organiza A aventura de ler, unha xornada formativa de ámbito europeo

a aventura de ler slide 14 junio do 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela,14 de xuño do 2017 – Xandobela organiza unha xornada formativa arredor da lectura e fomento do hábito lector dentro do proxecto erasmus+ “The adventure of reading” na que participarán representantes de varias organizacións europeas
    • Obradoiros de formación
    • Falando de:

Compostela,14 de xuño do 2017 – Xandobela organiza unha xornada formativa arredor da lectura e fomento do hábito lector dentro do proxecto erasmus+ “The adventure of reading” na que participarán representantes de varias organizacións europeas

Ata o 15 de xuño, Compostela acollerá a quinta reunión transnacional do proxecto “The adventure of reading”, seleccionado polo programa europeo Erasmus+ entre máis de cen solicitudes na convocatoria do 2015. No programa de actos da reunión destaca a xornada formativa e de intercambio arredor da lectura e fomento do hábito lector, que terá lugar mañá xoves 15 de xuño na Galería Sargadelos, e na que participarán representantes das entidades europeas e persoas e profesionais locais vinculados ao mundo da animación á lectura desde distintas especialidades e experiencias. Presentaranse, ademais, os resultados intelectuais do proxecto froito do proceso de investigación e experimentación de novas metodoloxías no campo da animación á lectura e o fomento de hábitos lectores.

‘The adventure of reading’ é un proxecto europeo do programa Erasmus+, liderado por Xandobela desde Galicia, en parcería coa Associação Para o Desenvolvimento de Pitões desde Portugal e La Corte della Carta desde Italia, que busca explorar e desenvolver novas estratexias para o fomento da lectura e a promoción de hábitos lectores a través de enfoques creativos para a dinamización da cultura, o multilingüismo e a interacción social.

Todo o proxecto parte da convicción da importancia de integrar catro eixos temáticos que sempre se traballan de xeito illado cando se fala de animación á lectura: a) a importancia da tradición e narración oral; b) a necesidade de persoas mediadoras formadas e actualizadas; c) a importancia de crear novos (non convencionais) espazos/escenarios/recursos para a animación á lectura desde enfoques creativos, artísticos e participativos; d) a necesidade dun repertorio literario amplo, diverso e rico. O noso reto e misión é conseguir artellar unha metodoloxía que xunte todos estes elementos de xeito coherente, rigoroso, integral, didáctico e, que ao mesmo tempo, sexa transferible e susceptible de ser introducida en calquera contexto e realidade social e/ou cultural.

Xandobela leva xa nove anos participando e xestionando proxectos europeos, traballando en rede con entidades análogas en Europa, coa intención de achegar á nosa terra as correntes de intervención e innovación educativa hoxe en día máis interesantes e situar Galicia no mapa europeo.

Dentro do programa de Xandobela para mañá xoves inclúense as seguintes actividades a celebrar na Galería Sargadelos:

Obradoiros de formación

12h. brincar coas lendas. nivel 1. – Brincaremos cos contos, coas palabras, co noso corpo, coa nosa voz, con monicreques e tamén xogaremos cos obxectos a animalos, a espertar a metáfora que durme dentro deles, para que formen parte do espazo escénico e sirvan de reforzo á palabra sen quitarlle protagonismo.

Imparte: Raquel Queizás (contadora, actriz e titiriteira).

16:30h. “contar é caer da burra” – Escoitar, conversar, colleitar, destilar, contar, convivir… Tradición oral e contar, un oficio que todos e todas temos.

Imparte: Celso F. Sanmartín (contador de tradición oral e poeta).

Falando de:

18:30h. guías de lectura para calquera compostura – Presentación dos resultados do proxecto europeo Erasmus + ‘The adventure of reading’ con representantes das entidades parceiras ‘La Corte della Carta’ (Italia), Asociaçao para o desenvolvemento de Pitoes (Portugal) e Xandobela, Educación e Cultura (Galicia).

19h. faladoiro sobre a animación á lectura – Comparten mesa e mantel: Celso F. Sanmartín (contador de tradición oral e poeta), Raquel Queizás (contadora, actriz e titiriteira), Fátima Villamel (mestra e contadora), Sole García (administrativa e nai).

inscricións de balde para os obradoiros de formación en:

info@xandobela.info

Post navigation

Previous: O goberno de Melide  denuncia un vertido no Río Furelos
Next: Boqueixón organiza a VII Ruta do Colesterol, unha proba de fondo de 50 km.

Máis novas

I Venres de Desconto_Evento Aemi_Fb
1 minute read
  • Hemeroteca axenda

A asociación de comerciante do Milladoiro, AEMI, organiza o Venres do desconto

o pino media maraton slide 16 junio 2017_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

O Pino e Arzúa organizan a media maratón O Gran Camiño

salon teatro salvador de borja fernandez slide 7 junio 2017_r
3 minutes read
  • Entrevistas

Borja Fernández investiga en Teo sobre teatro, emigración e memoria familiar

galicia escena pro slide 15 junio 2017 (2)_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Galicia Escena Pro pecha as portas da quinta edición

galicia escena pro circo slide 14 junio 2017 (2)_r
3 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Teatro e circo na xornada de Galicia Escena Pro

agamus xornadas portas abertas slide 14 junio 2017_r
2 minutes read
  • Hemeroteca axenda

A Musicoterapia protagonista hoxe e mañá no Auditorio de Galicia

dia mundial contra la explotacion infantil rua bicicleta slide 12 junio 2017 (2)_r
2 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Ruta ciclista para lembrar o Día Mundial contra o Traballo Infantil

boqueixon sons do ilicino slide 10 junio 2017_r
1 minute read
  • Hemeroteca axenda

Lestedo acolle a quinta edición dos Sons do Ilicino

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.