Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Hemeroteca axenda

Borja Fernández investiga en Teo sobre teatro, emigración e memoria familiar

salon teatro salvador de borja fernandez slide 7 junio 2017_r

Teo, 15 de xuño do 2017 – Teatro, emigración e memoria familiar son os tres elementos sobre os que xiran as actividades que o actor Borja Fernández presenta esta semana no CSC Constante Liste de Teo, e que inclúen o espectáculo Salvador e un encontro-obradoiro para o que se está a contar coa comunidade local.

Borja Fernández na recente presentación do 30 aniversario de Chévere

Estas dúas propostas foron desenvolvidas dentro da Berberecheira, un espazo-laboratorio de creación promovido por Chévere, e forman parte do programa de residencia da compañía no concello de Teo.
Obra teatral: Salvador, de Borja Fernández. Venres 16 e sábado 17 de xuño ás 22.00 h.

Dentro do programa de residencia en Teo, Chévere abriu un espazo-laboratorio denominado a Berberecheira, para dar soporte e asesoramento a proxectos de investigación escénica que axuden a documentar aspectos da nosa historia recente. O primeiro proxecto saído da Berberecheira foi Goldi Libre, un traballo sobre o movemento de insubmisión ao servizo militar a partir da experiencia persoal dun veciño de Teo. O segundo proxecto chámase Salvador e trata sobre os movementos migratorios a partir da memoria familiar do actor e músico Borja Fernández, colaborador habitual de Chévere.

Ao remate do obradoiro sobre memoria e emigración que onte desenvolveu en Teo falamos co actor sobre estes proxectos

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2017/06/borja-fernandez-proxecto-teatral-salvador-sobre-emigracion-14-xunho-2017.mp3

SALVADOR é unha obra de Borja Fernández para un actor/músico e unha video jockey/manipuladora de obxectos, a medio camiño entre o documental e a ficción teatral, na que se combinan texto, movemento, música en directo e proxeccións de vídeo.
SALVADOR trata sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os reencontros, centrando o seu interese nos casos de homes casados que emigraron sós a mediados do século pasado a Suramérica e no impacto da súa ausencia na configuración das comunidades locais, das familias e dos seus descendentes. SALVADOR investiga especificamente a misteriosa figura de Benito Fernandes Meirinho, avó paterno de Borja Fernández, que emigrou a Brasil en 1959 e nunca máis volveu.

Idea e creación: Borja Fernández. Dirección: Borja Fernández e Uxía Vaello. Asistencia dirección: Diego Anido. Asistencia dramatúrxica: Claudio Días. Textos: Borja Fernández e Manuel Cortés. Audiovisuais e iluminación: Laura Iturralde. Espazo sonoro: Borja Fernández. Asistencia artística en residencia: Colectivo A Berberecheira (Grupo Chévere). Vestiario: Uxía Vaello. Produción: Borja Fernández.

Post navigation

Previous: Aser Estévez do Club Ciclista Padronés faise con premio da Montaña en Burgos
Next: Compostela pon en valor a Lingua de Signos

Máis novas

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

Pela del Álamo na inauguración da edición 23 de Curtocircuíto, xullo 2026
3 minutes read
  • Xeral

Parolando con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

Baldur Brönnimann director da Real Filharmonía de Galicia
3 minutes read
  • Entrevistas

Musicas na Linde: Baldur Brönnimann, director da Real Filharmonía de Galicia

_017Filomena Fraga DSC_0367 slide_r
3 minutes read
  • Entrevistas

A poeta de Ames, Filomena Fraga, é centenaria

Cartel que da paso a exposición Antifémina no Auditorio de Galicia
5 minutes read
  • Axenda

Antifémina Colita, unha exposición imprescindible no Auditorio de Galicia

656257317_1346273547534341_7414503957979043995_n
3 minutes read
  • Compostela

Parolando con Rosa Crujeiras, Reitora da Universidade de Santiago de Compostela

Un dos momentos da deustación de arroz de Valencia no Café de Altamira
2 minutes read
  • Axenda

Arroz con nome propio no Café de Altamira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.