займ срочно

Presentan alegacións ao Plan de Uso de Corrubedo, en Boiro

0

Boiro, 15 de abril do 2021 – O colectivo ecoloxista Verdegaia ven de presentar alegacións ao Plan Reitor de Usos, Prux, do Parque Natural de Corrubedo.

O Prux de Corrubedo foi publicado no Diario Oficial de Galicia o pasado día 29  para ser sometido a información pública. O Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán foi declarado como tal en 1992 e desde entón leva sen este mecanismo de xestión. O Prux tería que ser realizado nun prazo máximo de dous anos desde a declaración de Parque Natural.

Un Plan mellorable

O Parque Natural si conta cun Plan de Ordenación dos Recursos Naturais destinado a protexer espazos e especies. Verdegaia asegura que “concorda en xeral co espírito do contido no documento, pero vimos de presentar alegacións ao mesmo, pois hai algúns puntos que nos parecen mellorables”.

Para o grupo ecoloxista os obxectivos de conservación son moi pouco ambiciosos, ao contemplar unha redución de especies invasoras dun 75% na Zona de uso limitado e dun 25% no Parque en xeral. Falando dun prazo de 10 anos Verdegaia considera que en Corrubedo “cómpre ampliar eses obxectivos a un 90% e un 70%, respectivamente. Cremos, ademais, que no caso de especies como acacias ou eucaliptos, é necesario prohibir a súa plantación, non abonda con propoñerse evitala”.

Usos industriais

Un dos aspectos máis polémicos do Prux de Corrubedo e o do uso industrial do espazo do parque. Verdegaia non entende que “se siga a permitir a presenza das instalacións dunha canteira dentro dun Parque Natural. O propio documento alerta do impacto paisaxístico crítico, incompatible cos obxectivos de protección do Parque, deste tipo de instalacións”. Verdegai pide que se poña prazo ao peche da instalación.

Outras alegacións

Verdegaia pide tamén que se aclare o uso de biocidas nos usos agro gandeiros e que se promovan técnias sustentables mesmo con incentivos fiscais. Tamén propoñen a ampliación do Parque, a restrición do tránsito de cabalerías e a regulación do aparcadoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies