займ срочно

Pasamento da secretaria do Concello de Boqueixón

0

Boqueixón, 12 de marzo do 2019 – O Concello de Boqueixón vén de decretar dous días de loito oficial polo pasamento da secretaria – interventora. Elena Suárez Rodríguez levaba máis de dúas décadas exercendo o seu labor profesional nesta administración local.

secretaria do concello de BoqueixonDende o Concello de Boqueixón queren transmitir o seu máis profundo pesar a toda a familia de Elena Suárez Rodríguez. “A súa é unha perda incalculable”, asegura o alcalde, Manuel Fernández Munín, quen non dubidou en gabar “o excelente traballo que a nosa secretaria desenvolveu durante todos estes anos”.

Elena Suárez traballar antes en outros concellos da bisbarra ata que finalmente asentouse no de Boqueixón. O seu pasamento foi unha triste nova para tódolos traballadores do concello que onte pola mañá mostrábanse sorprendidos polo inesperado suceso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies