займ срочно

Melloras nas estradas de Boqueixón

0

Boqueixón, 5 de maio do 2022 – Boqueixón contratou seis novos proxectos de obras que suporán a mellora de nove estradas do concello dentro do Plan de Obras e Servizos 2021.

O investimento en estes arranxoa alcanza os 125.000 euros. A actuación máis importante pola achega económica que suporá  é a mellora do viario de Sucira a Frenza, cun investimento de máis de 47.000 euros.

O Concello reparará as fochancas e mellorará a capa de rodaxe con 6 centímetros de mestura bituminosa en quente nos 880 metros da estrada, de 4,5 metros de ancho. A maiores, acometeranse 100 m2 de sobreanchos, para mellorar a seguridade viaria.

Por outra banda mellorarase o firme do viario interior no lugar de Santa Baia. A obra inclúe a demolición do pavimento existente no interior do núcleo e a súa substitución por outro de formigón de 15 centímetros de espesor sobre unha capa de zahorra de 5 centímetros. Neste tramo, duns 820 m2, tamén se executará unha rede de drenaxe da auga da chuvia e se adaptarán os pozos de rexistro á cota da nova rasante.

Mellora de firmes

Outro dos proxectos é a mellora do firme do viario desde o Cruce de Castro a Camporrapado e do viario de Fonte de Rebordaos á pista de Bendaña. No caso do camiño do Cruce de Castro a Camporrapado, actuarase en tres tramos mellorando a capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma. O mesmo tratamento que se aplicará no viario de Fonte de Rebordaos á pista de Bendaña, que será ancheada e onde será colocado un sinal de Stop.

Outros 31.000 euros irán destinados a mellorar o firme dun viario en Ardillero e outro de Xiadá cun tratamento asfáltico semiprofundo, previa reparación de fochancas e arranxo con tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente, contémplanse a limpeza das gabias de ambas marxes para recuperar a sección hidráulica, formando beiravías para o paso dos peóns e perfilando os noiros para garantir unha correcta drenaxe lonxitudinal e transversal..

Por último, algo máis de 30.000 euros irán a un proxecto con dúas actuacións: mellora do firme do viario de Noenlle a Mareque por Vilar e a pavimentación de interiores en Vilaboa. O primeiro é o tramo máis longo dos mellorados nesta quenda: 1,6 quilómetros dun viario de 3,75 metros de ancho e que se vai anchear ao longo de 180 m2 e se vai mellorar a capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado en toda a plataforma. No caso de Vilaboa, a actuación dividirase en dous treitos, de 90 e 425 metros de longo, nos que se mellorará a capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado.

Segunda fase

Todas estas actuacións están incluídas na primeira fase do POS+2021 Adicional. A única excepción foron os máis de 41.000 euros que se investirán na mellora do firme do viario de Monte a Igrexa de Ledesma, onde se anchearán un par de tramos e se colocará un sinal de Stop, e do viario da AC-960 no Forte a Vilaboa.

En ambos os dous casos repararanse as fochancas, perfilaranse as mordentes e aplicarase un tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma. Estas dúas obras están incluídas na segunda fase do POS+2021 Adicional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies