займ срочно

Javier Tolentino presenta Disculpen que les hable de la radio en NUMAX

0

Compostela, 21 de xuño do 2017 – A Libraría NUMAX acolle a presentación do ensaio Disculpen que les hable de la radio, de Javier Tolentino, comunicador e crítico cinematográfico en Radio 3, que ten desenvolvido toda a súa carreira vinculado á radio pública.

O acto terá lugar ás 19:30 e contará coa participación do decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé R. Pousa.

Con este libro, con prólogo de Jesús García Cívico, o xornalista radiofónico, director do programa El Séptimo vicio, achéganos a súa visión da radio desde a parte máis íntima e persoal, a xeito de manual radiofónico.

«A radio é un servizo público, de feito as cadenas de radio privadas sono porque reciben unha licenza do estado que debería perder cando non son fieis a ese principio, cando non serven ao cidadán. Cando unha radio deixa de servir ao cidadán? Cando se convirte nun aparello de propaganda, cando non informa con rigor, cando nin sequera se relaciona coa arte, coa cultura; cando non crea. Non deberían existir diferencias entre medios privados e públicos porque ambos teñen a mesma función: servir como medio de comunicación á sociedad na que están implantados, e transmitir a través da súa programación os valores humanos de liberdade, solidariedade e igualdade».

Share.

Comments are closed.