займ срочно

Os pais do IES de Brión reciben máis apoios ao tempo que manteñen as mobilizacións

0

Brión, 29 de setembro do 2018 – As demandas dos pais do IES de Brión seguen recibindo mostras de apoio, a última a do músico Xabier Díaz que este venres tocaba na Santa Minia.

Xabier Díaz é veciño de Brión, vive en Bastavales, e este venres presentaba o novo disco, Noró, coas Adufeiras do Salitre nas festas da Santa Minia. Un dos momentos máis emocionantes, tal e como o describen desde a ANPA Pedra Viada, foi cando o músico mostrou ao público unha das camisetas coas que os pais reclaman máis docentes para o IES de Brión.

Apoio da Deputación

Non foi o único apoio esta semana xa que o alcalde José Luís García levou ao pleno da Deputación provincial o conflito do instituto en particular e os recortes en educación en xeral. A cámara aprobou unha moción urxente de apoio ás demandas da comunidade educativa do IES Brión, así como as dos restantes centros da provincia afectados polos recortes da Xunta de Galicia en materia educativa, con mención tamén aos casos de Santa Comba e Santiso. Unha moción que saíu adiante cos votos a favor dos grupos propoñentes da mesma: PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños; e pese ao voto en contra do Partido Popular. O alcalde de Brión e deputado provincial, José Luís García, tomou a palabra durante a sesión para responder ao voceiro do PP, quen argumentara que a situación non era urxente e mesmo que xa estaba solucionada no caso brionés. García explicou que “a urxencia pode vela en que hoxe mesmo se están manifestando os pais e nais diante da Consellería de Educación e en que onte, día de Santa Minia, a gran festa de Brión e con máis de 10.000 vehículos que facían que para chegar ao instituto houbera que dar unha boa camiñata, pois na asemblea participaron practicamente todos os pais e nais”.

Seguirán as mobilizacións

Mentres tanto nais e pais do IES de Brión, apoiados pola CIG-Ensino, concentráronse diante da consellaría de Sanidade en demanda de “máis docentes, para un ensino decente”. Advertiron á nova conselleira de educación, Carmen Pomar que “Brión non vai parar” e anunciaron que seguirán mobilizándose en demanda de que se recupere todo o que se recortou no centro tanto para este curso como para os vindeiros. A CIG-Ensino ten convocada unha asemblea de profesorado para o vindeiro luns.

Por outra banda os pais acordaron onte esta semana rematar co peche que mantiñan desde o comezo de curso e que os rapaces regresaran ás aulas logo de que, desde a Inspección educativa se ofertara ampliar as horas lectivas. Con todo, ao inicio da concentración, Tito Souto, en representación da ANPA, valoraba esta oferta como “un pequeno paso”, pero advertía que “temos claro que é insuficiente” porque “só permite recuperar o PMAR (Programa de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento) de terceiro e ao mellor algunha optativa, pero aínda está por ver”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies