займ срочно

Goberno continuísta en Oroso

0

Oroso, 10 de xuño do 2021 – Despois da marcha de Manuel Mirás como alcalde e a toma de posesión de Luís Rey o equipo de goberno fai pequenos cambios organizativos mantendo unha liña similar a anterior.

A reordenación de competencias e responsabilidades en Oroso segue unha liña continuísta. Ademais da alcaldía, Luis Rey Villaverde asume as competencias de Economía e Facenda, Urbanismo, Seguridade Cidadán, Tráfico e Protección Civil.

José Calvo Ry é o novo concelleiro que asume as concellarías de Obras, Servizos e Medio Ambiente. Antonio Leira pola súa banda será concelleiro de Deportes, Promoción Económica, Emprego, Turismo, Parques Infantís e Comunicación.

Vanesa Boo encargarase de Cultura, Comercio, Industria e Actividades Lúdicas; Isabel Fernández de Mulleres, Ensino e Benestar Social e Beatriz Rodeiro terá as responsabilidades de Sanidade, Réxime Interior, Persoal, Patrimonio, Voluntariado, Xuventude e Mobilidade.

Finalmente  Javier Grela será concelleiro de Relacións Veciñais, Parroquias, Medio Rural e Xardíns.

Nunha carta á veciñanza feita, pública esta semana, Luís Rey presenta o seu proxecto dicindo que “Desde que tomei posesión, son moitas as persoas que me preguntan polos proxectos que teño en mente para Oroso. Os teño, por suposto, pero ninguén debe esquecer que o principal reto a curto e medio prazo debe xer deixar atrás esta pandemia do Coronavirus”.

Rey engade que “Como alcalde do Concello de Oroso, ese é o meu primeiro obxectivo: axudar en todo o que poida para deixar atrás a Covid-19 e recuperar a normalidade. Dentro das nosas competencias, continuaremos impulsando medidas e axudas para reactivar a econo­mía e axudar aos sectores máis afectados pola pandemia. Nunca é suficiente, somos moi cons­cientes”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies