займ срочно

Reclaman espazos para as asociacións de Ames

0

Ames, 22 de setembro do 2017 – O Grupo Municipal Iniciativa Cidadá-Ames Novo, trasladou esta semana ao goberno  unha proposta  para que se habilite en dependencias municipais  un espazo para asociacións de Ames.

A idea é que as asociacións de Ames que o precisen, por falta de medios ou outras circunstancias que así o xustifiquen, teñan á súa disposición cousas tan básicas como un enderezo que poidan presentar como razón social ou mesmo un buzón no que recibir a correspondencia.

Dende Ames Novo explican que favorecer que as asociacións de ames formen un tecido forte é un dos piares cos que o goberno debe manter unha relación constante e fluída para coñecer e responder ás demandas da cidadanía. Con esta motivación solicitan ao goberno que impulse o asentamento das mesmas con pequenos xestos como o que agora se solicita pero que pode ter unha ampla repercusión e beneficios para o conxunto da  cidadanía.

Según Ames Novo a demande foilles trasladada a pasada semana da man dunha asociación pro-lactancia e crianza con apego que xa leva varios anos desenvolvendo o seu magnífico labor no concello , Teta e Coliño, e que según Ames Novo debe facerse extensible ao conxunto de asociacións, unha cuestión que xa se tiña demandado en outras ocasións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies